- Editorial Toxosoutos.com.


:


Dende 85 até 90 de 201 elementos



<< Anterior 1 ... 7 8 9 10 11 12 13 14 1516 17 18 19 20 21 22 23   ... 34 Seguinte >>


Ver noticia

Un traballo sobre a lírica galego-portuguesa gaña o Premio de Historia Medieval


:      Marta Gómez Matalobos
18/12/2011

Cumprindo coa tradición instaurada cando se crearon os galardóns, onte, 17 de decembro, deuse a coñecer o título da obra gañadora da undécima edición do Premio de Historia Medieval de Galicia. Nesta ocasión, o traballo elixido polo xurado trata a lírica galego-portuguesa e está escrito por un vigués.

A casa de cultura de Noia foi o escenario no que o xurado, presidido por Henrique Monteagudo e composto por Xerardo Agrafoxo Pérez, Clodio González Pérez, Pedro García Vidal e Marcos Fernández Ferreiro, deu a coñecer a obra galardoada con este premio que se concede anualmente. A nobreza na poesía lírica galego-portuguesa é o título dun traballo escrito por Antonio Rey Somoza, filólogo afincado en Santiago, no que se explora a información que ofrece sobre a época o cancioneiro trobadoresco galego-portugués e as Cantigas de Santa María de Alfonso X o Sabio.

O xurado destacou, tras facer pública a súa decisión, o carácter interdisciplinar da obra gañadora «ao mostrar a utilidade da exploración dos textos literarios como fonte de información histórica». Neste sentido, subliñan os datos obtidos sobre o modo de vida nobiliaria, a rigorosa estratificación da sociedade, os ideais e actitudes da nobreza e a relixiosidade.

Principios de ano

En canto á entrega do Premio de Historia Medieval de Galicia, organizado pola editorial Toxosoutos e os concellos de Noia, Muros, Outes, Porto do Son, Lousame e Carnota, terá lugar no primeiro trimestre do vindeiro ano. A data está por concretar porque, antes dese acto, debe editarse a obra gañadora, pero a previsión é que Antonio Rey poida recoller o galardón entre finais de febreiro e comezos de marzo.

[...]
      ...
Ver noticia

Cinco expertos forman el jurado del premio de historia de Toxosoutos


:      Javier Romero
15/12/2011

La undécima edición del premio de historia medieval organizado por la editorial Toxosoutos -y los concellos de Noia, Outes, Lousame, Carnota, Muros y Porto do Son- estará formado este año por cincos miembros. Henrique Monteagudo ejercerá como presidente, mientras que los vocales serán Clodio González, Xerardo Agrafoxo y Pedro García. En esta edición se ha introducido como novedad la incorporación al jurado de uno de los finalistas de la convocatoria anterior, Marcos Fernández, con el objetivo de otorgar un mayor dinamismo al certamen.

El fallo del jurado se hará público el sábado en la casa de cultura de Noia a las 13.00 horas. Según explican fuentes de la organización, el premio nació «para promocionar e divulgar estudos e traballos de investigación histórica centrados na Idade Media galega, unha época particularmente complexa polas circunstancias e avatares vividos nese período de tipo social, político, relixioso e xenealóxico».

[...]
      ...

Elena Añel fala do seu libro Intervención nas aulas


:      La Voz de Galicia
08/12/2011

LER NOTICA
[...]
      ...
Ver noticia

Novela de iniciación


:      Heitor Mera
01/12/2011

faro da cultura
[...]
      ...
Ver noticia

Admirable sincretismo


:      Heitor Mera
24/11/2011

Faro da Cultura
[...]
      ...
Ver noticia

«Xubilarme e dedicarme á literatura é un soño dourado»


:      Manuel Beceiro
16/11/2011

O compostelán Guillerme Coen, administrativo en Novacaixagalicia e con 52 anos, presentou onte a súa segunda novela, Brais, editada por Toxosoutos, que ten como protagonista a un estudante de Filosofía e Letras da USC, orfo de pai e sen medios, quen intenta recuperar a súa xuventude roubada a través de variadas experiencias. A novela, segundo Guillerme, «gusta moitísimo, máis que nada pola fala, pois intentei empregar unha fala popular, porque é unha historia sinxela, e pola trama que conta, xa que hai un transfundo no que metín de todo, mostrando os problemas que hai hoxe en día». Aínda que non é unha historia real, o escritor aclara que Brais está inspirada por unha nova que leu nun xornal sobre un rapaz de Pobra do Caramiñal. «Poder xubilarme e dedicarme á literatura sería meu soño dourado», confesa Guillerme, que non se xubilou por tan so dous anos, e que leva catro asistindo a un taller literario en Vite.
[...]
      ...
<< Anterior 1 ... 7 8 9 10 11 12 13 14 1516 17 18 19 20 21 22 23   ... 34 Seguinte >>