Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle da nova:



Ver noticia

A VOLTA DE XERARDO MÉNDEZ


Autor:      La Voz de Galicia
06/03/2011

Xerardo Méndez volta á actualidade literaria con Que cara trae o día,
unha novela que se presenta hoxe na Livraría Torga (ás 12.00 horas) e
que está editada por Toxosoutos. Catorce anos pasaron dende que
publicou a súa primeira obra e o autor recoñece que «eses mesmos anos
ten o texto. Comecei daquela con esta historia e en todo este tempo
funlle dándo voltas, cambiando cousas, dándolle forma».

En palabras do seu autor, Que cara trae o día,
é «unha historia de barrio protagonizada por un home que non se atopa a
gusto no sistema educativo da dictadura e acaba deixándoo. E a partires
de aí comeza unha nova vida». Dende entón na realidade do protagonista
comeza a ter «unha especial influenza e protagonismo a vida das
pandillas, moi importante e con moita presenza no Ourense de hai
décadas, os altercados, a tentación da droga -que na obra ten moita
importancia aínda que non se lla dá un especial protagonismo na novela-
e moitas máis cousas».

Xerardo
Méndez sinala que a novela non é autobiográfica «aínda que é evidente
que no arranque da obra, nas anécdotas e noutros aspectos pode haber
influenza do que coñeciches nalgún momento: os feitos reais moitas
veces son máis potentes e duros que os inventados» e incide en que «non
é máis que unha historia de barrio ambientada en Ourense».