Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



Ver noticia

AS RUTAS DE COMPOSTELA


Autor:      Dorinda Castro
01/03/2012


Toxosoutos vén de publicar As rutas de Compostela, tradución de Sur
les routes de Compostelle après la
Grande Guerre (1925),
realizada por Paulo Nogueira Santiago,membro de David Parou Saint Jacques,
fundación europea de investigación sobre as peregrinacións, que colaborou neste
traballo. O orixinal fora asinado por Laurent d’Arce, seguramente lugar de
residencia do anónimo autor,quen fixera a viaxe a Santiago no ano 1919 durante
vinte días como promesa por ter sobrevivido á I Guerra Mundial. En dúascentas
páxinas o autor dános cumprida información dos lugares que visita:monumentos,
rúas, ambiente.. con detalladas descricións,mesmo poéticas ás veces :“o ceo en
Lugo é precioso, ten un ton azul semellante á hortensia acabada de nacer”. Á
súa chegada a Santiago demórase na contemplación da cidade e as descricións tórnanse
vizosas dando lugar a unha cumprida guía da cidade e da catedral. Amaiores, Paulo
Nogueira ofrécenos o contido do inventario da B.N.de Francia,B 8439, e
abundantes notas ao pé de páxina que ilustran a viaxe do misterioso peregrino.


FARO DA CULTURA

23 FEBREIRO

PÁX. VI