- Editorial Toxosoutos.com.


:


Dende 25 até 30 de 201 elementos



<< Anterior 1 2 3 4 56 7 8 9 10 11 12 13   ... 34 Seguinte >>


Ver noticia

A lucense Olga Novo faise co Premio de Historia Medieval de Galicia


:      Noia La Voz de Galicia
23/12/2012

Onte deuse a coñecer no municipio coruñés de Lousame o título da obra gañadora do Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal, que este año chega á súa edición número doce. O traballo galardoado trata sobre a erótica medieval galaica e a súa autora é a lucense Olga Novo.

A obra merecedora do galardón, organizado pola editorial barbancesa Toxosoutos coa colaboración dos concellos da comarca de Muros e Noia, titúlase Leda m? and? eu. Poética erótica medieval galaica: á procura da nosa intrahistoria. Segundo recalcou o xurado, este traballo, centrado nos textos líricos da escola trobadoresca, «busca coñecer a alma da Galicia medieval por medio da súa concepción do mundo erótico e da realidade das súas prácticas». A entrega do galardón celebrarase ao longo do 2013.

[...]
      ...
Ver noticia

Centos de veciños arrouparon a Euloxio Ruibal na presentación de


:      Redacción Santiago, El Correo Gallego
22/12/2012

A profesora Charo Fernández Velho destacou que este libro “ten a Ordes en todas e cada unha das súas páxinas”.

Medio centenar de veciños e veciñas de Ordes arrouparon na noite de onte venres ao escritor Euloxio Rodríguez Ruibal no acto de presentación do seu libro “Caderno de Ordes”, un acto organizado pola Asociación Cultural Inquedanzas.  Ruibal estivo acompañado na presentación por Carlos Pérez Casas, presidente da Asociación Cultural Inquedanzas; Charo Fernández Velho, profesora de Lingua e Literatura Galega no IES Maruxa Mallo de Ordes; e por David González Couso, editor do libro e membro da Editorial Toxosoutos.
 
Carlos Pérez Casas foi o encargado de abrir o acto cunha semblanza da figura humana e da traxectoria literaria de Euloxio R. Ruibal e asegurou que este libro “non vai deixar indiferente a ningún ordense, porque recorre con mirada crítica o mundo ordense”. Un punto no que coincidiron todos os poñentes. Así, David G. Couso indicou que “Caderno de Ordes” é un “libro de Ordes e dos amigos. Cada poema vai dedicado a alguén que ten unha especial importancia para Ruibal”.
 
Pola súa banda, a profesora Charo Fernández Velho destacou que esta obra “ten a Ordes en todas e cada unha das súas páxinas”, polo que agradeceu a Euloxio R. Ruibal por “poñer o nome de Ordes na historia da literatura galega”. Cinco alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes puxeron a nota sorprendente da velada ao leren un dos poemas de “Caderno de Ordes” titulado “Cando as mulleres de Ordes”.
 
Primeiro libro de poesía
 
Euloxio Rodríguez Ruibal agradeceu profundamente as palabras de todos os participantes no acto pois amosaban que “algo debín de facer”, asegurou coa súa habitual modestia. Ruibal deu lectura a varios dos 50 poemas que compoñen “Caderno de Ordes” e que é “o meu primeiro libro de poesía, pois eu son máis de teatro e de ensaio, e é unha satisfacción que fora feito cara Ordes”, a súa vila natal e que “sempre estivo diante meu a nivel anímico”.
 
Euloxio Rodríguez Ruibal (Ordes, 16 de marzo 1945) é dramaturgo, guionista, narrador e ensaísta. Considera un dos renovadores do teatro galego, Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Na actualidade é profesor asociado da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega, institución da que é membro dende marzo de 2005. 
 
Ademais de ser presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia, Euloxio Rodríguez Ruibal formou parte do grupo Ditea, prestixiosa agrupación de teatro afeccionado compostelán e unha das máis antigas en funcionamento en toda España, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Entre os premios que ten recibido nos últimos tempos figuran o Abrente (1973 e 1975), Álvaro Cunqueiro (1989) e Valle Inclán (2005).
 
Entre os veciños asistentes ao acto figuraban varios concelleiros do Goberno municipal como o secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira; o concelleiro de Cultura, Festas e Terceira Idade, Xosé Ramón Vázquez; a primeira tenente de alcalde e concelleira de discapacidade, Silvia Marín; e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Roberto González.
[...]
      ...
Ver noticia

Euloxio R. Ruibal presentou a súa homenaxe poética a Ordes


:      Ordes Siete
22/12/2012

Caderno de Ordes compila cincuenta poemas do escritor e dramaturgo ordense
 
Charo Fernández Velho: \"O libro ten a Ordes en todas e cada unha das súas páxinas”

Medio centenar de veciños e veciñas de Ordes arrouparon na noite de onte ao literato Euloxio Rodríguez Ruibal (Ordes, 1945) no acto de presentación do seu libro Caderno de Ordes, un acto organizado pola Asociación Cultural Inquedanzas.  Ruibal estivo acompañado na presentación por Carlos Pérez Casas, presidente da Asociación Cultural Inquedanzas; Charo Fernández Velho, profesora de Lingua e Literatura Galega no IES Maruxa Mallo de Ordes; e por David González Couso, editor do libro e membro da Editorial Toxosoutos.
 
Carlos Pérez Casas foi o encargado de abrir o acto cunha semblanza da figura humana e da traxectoria literaria de Euloxio R. Ruibal e asegurou que este libro “non vai deixar indiferente a ningún ordense, porque recorre con mirada crítica o mundo ordense”. Un punto no que coincidiron todos os poñentes. Así, David G. Couso indicou que Caderno de Ordes é un “libro de Ordes e dos amigos. Cada poema vai dedicado a alguén que ten unha especial importancia para Ruibal”.
Pola súa banda, a profesora Charo Fernández Velho destacou que esta obra “ten a Ordes en todas e cada unha das súas páxinas”, polo que agradeceu a Euloxio R. Ruibal por “poñer o nome de Ordes na historia da literatura galega”. Cinco alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes puxeron a nota sorprendente da velada ao leren o poema \"Cando as mulleres de Ordes\".Primeiro libro de poesía
Euloxio Rodríguez Ruibal agradeceu profundamente as palabras de todos os participantes no acto pois amosaban que “algo debín de facer”, asegurou coa súa habitual modestia. Ruibal deu lectura a varios dos 50 poemas que compoñen “Caderno de Ordes” e que é “o meu primeiro libro de poesía, pois eu son máis de teatro e de ensaio, e é unha satisfacción que fora feito cara Ordes”, a súa vila natal e que “sempre estivo diante meu a nivel anímico”.
Cando Ruibal probou a magdalena no té de Marcel Proust
Por R. A. Landeira
 
Euloxio R. Ruibal voltou na noite de onte á súa vila natal, e fixoo, non a lomos dun Castromil, como acostuma a transitar pola arteria 550, senón a bordo dun exquisito poemario on the road, baixo o título de Caderno de Ordes. De igual xeito que José María Castroviejo encañonando as nosas cercetas do Legüelle deixou constancia do seu amor polas nosas terras nos seus escritos, agora é Ruibal quen subido ao Castromil, ao mesmo co vello señor de Trasalba recoñecía coller varias veces para ir a América, preséntanos o seu Caderno de viaxe á patria do home que é a infancia.
Parece que foi ese Castromil o McGuffin que espertou a necesidade dese Volver do poeta: Ruibal saboreou agora a magdalena mollada no té de Marcel Proust, cando xa encara a desalmada lucidez do home vello: espazo, tempo e memoria atópanse para alumear cincuenta poemas en verso libre rebosantes de significado e obxectividade pasmosa. A anonimia sae ao encontro do poeta para traspasar aqueles límites foucaultianos da autoría: haberá de asumir o autor que o parido non é xa de si mesmo, senón do dominio público de todos os ordenses.
 
Cada bancada pública de Ordes, cada farola, cada adoquín das nosas rúas e prazas sería digno da sensibilidade de Ruibal, pero a súa atención nos levan aos lugares de Buscás, Poulo, Casal, Vilar, Montaos, Mercurín, Ardemil ou a Alameda de Ordes. En acertadísimas palabras da profesora Charo Fernández Velho, o autor convirte a nosa toponimia nun poema. Capaz de rebautizar Ordes en versos, nunca o predecible tivo tan positiva lectura como de agora: ler un verso de Ruibal transportanos mecidos ata o seguinte e así ata o lugar ao que calquera de nós quixera ver rematada a nosa existencia. Non sobra nada.
 
Resulta unha verdadeira honra incluír estes versos no patrimonio inmaterial dos ordenses. Me atrevo a pensar que se trata da máis importante homenaxe literaria a Ordes en toda  a súa Historia. Son tiempos de reforzar a nosa identidade ordense. Dende estas páxinas levamos moito tempo falando disto. Gracias, Ruibal, por facernos crer, a lo menos durante o tiempo de lectura do teu libro, que en realidade, si temos un maravilloso pobo do que sentirnos orgullosos. Xa de nós depende tamén pensalo e crelo ao rematar de ler o Caderno de Ordes. Grazas por esa axuda.
[...]
      ...
Ver noticia

Euloxio Ruibal presenta este venres Caderno de Ordes


:      Santiago y comarca. Notas de prensa sin aditivos
20/12/2012

A ASOCIACIÓN CULTURAL INQUEDANZA ORGANIZA ESTE VENRES A PRESENTACIÓN DO LIBRO “CADERNO DE ORDES”, DO ORDENSE EULOXIO R. RUIBAL
O acto terá lugar no restaurante O Túnel a partir das 20:00 horas
A Asociación Cultural Inquedanza organiza este venres 21 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro “Caderno de Ordes”, obra do ordense Euloxio R. Ruibal. Un acto que terá lugar no restaurante “O Túnel” (Ordes) e que contará coa presenza do autor, que será presentado polo presidente da Asociación Cultural Inquedanza, Carlos Pérez Casas. A asistencia ao acto é libre e gratuíta, estando tamén confirmada a participación de profesores do IES Maruxa Mallo e de membros da Editorial Toxosoutos, editora de “Caderno de Ordes”. Euloxio Rodríguez Ruibal (Ordes, 16 de marzo 1945) é dramaturgo, guionista, narrador e ensaísta. Considera un dos renovadores do teatro galego, Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Na actualidade é profesor asociado da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega, institución da que é membro dende marzo de 2005. 
Ademais de ser presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia, Euloxio Rodríguez Ruibal formou parte do grupo Ditea, prestixiosa agrupación de teatro afeccionado compostelán e unha das máis antigas en funcionamento en toda España, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Entre os premios que ten recibido nos últimos tempos figuran o Abrente (1973 e 1975), Álvaro Cunqueiro (1989) e Valle Inclán (2005).
[...]
      ...
Ver noticia

“Hai boas intencións para seguir co premio de Historia Medieval”


:      Manuel Gil
15/12/2012

O día 22 resolverase a decimosegunda edición do certame no salón de plenos de Lousame

O director de Publicacións da Editorial Toxosoutos de Noia, David G. Couso, considera que a actual situación económica tamén está afectando ao Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal, que organiza esa empresa e os concellos de Noia, Lousame, O Son, Outes, Carnota e Muros. Non obstante, augura "boas intencións" para o certame, xa que espera que tanto os investigadores como as institucións "compartan isto".

O fallo da décimosegunda edición do premio darase a coñecer o vindeiro sábado no salón de plenos do concello de Lousame, nun acto que terá lugar a partir das 12.30 horas. Couso destacou as aportacións da filoloxía no eido histórico dos traballos que se presentaron a concurso.

[...]
      ...
Ver noticia

PRESENTACIÓN DO LIBRO BILINGÜE TIGRES DE TERNURA / TENDER TIGERS DE CLAUDIO RODRÍGUEZ FER


:      Libraría Biblos (Lugo)
30/11/2012

O xoves 29 de novembro, ás oito e media da tarde, presentouse na Librería Biblos de Lugo a obra Tigres de ternura / Tender Tigers, do escritor lucense Claudio Rodríguez Fer, publicada pola Editorial Toxosoutos en edición bilingüe galego-inglés de Kathleen N. March. Interviron no acto o propio autor, e a profesora norteamericana JoDee Anderson, da Facultade de Humanidades de Lugo.

            O poeta Claudio Rodríguez Fer recibiu, hai agora trinta anos, o Premio da Crítica Española por Tigres de ternura, libro xuvenil, lúdico, erótico e vangardista que alcanzou tres anticonvencionais edicións manuscritas entre 1981 e 1983, ilustradas por Carmen Blanco. Agora preséntase en edición bilingüe galego-inglés feita pola catedrática e crítica norteamericana Kathleen N. March, con debuxos da  ilustradora estadounidense Kimberleigh Martul-March.

            Ademais, Claudio Rodríguez Fer, traducido a numerosos idiomas, é autor de medio cento de obras como poeta, narrador, autor teatral e ensaísta. Exerce a docencia na Facultade de Humanidades de Lugo e é director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago. Foi profesor nas Universidades da Cidade de Nova York, de Bretaña Sur e da Alta Bretaña, onde foi investido este ano como Doutor Honoris Causa. Proximamente presentará Tigres de ternura / Tender Tigers en Nova York.

[...]
      ...