"O pequeno bastardo que cambiou o mundo para sempre"
Lágrimas en silencio
.
Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.
Detalle de la noticia:
‘Breizh’, de Miro Villar, amarra cun fío de haikus a fisterra galega e a bretoa
Autor: Fran P. Lorenzo 08/02/2013
Foron os poetas e os literatos de noso os que máis fixeron por soerguer a alianza ultramarina entre as fisterras atlánticas de Galicia e da Bretaña, Castelao entre eles. O novo libro de Miro Villar (Cee, 1965), Breizh (Toxosoutos, 2012) é a bitácora desa singradura polas laxes abisais, unha viaxe que logra facer das dúas terras unha soa, unidas moi por abaixo, no fondal do mar. E faino apelando a unha estrutura poética audaz na súa concentración e na súa espida concisión: o haiku, allea nun principio a esta tradición compartida. Amarrar cun fío de haikus a fin do mundo galega e bretoa semella ademais o espello da dualidade que latexa, de seu, na suave rigorosidade da métrica xaponesa.
Aceptar
Usamos cookies propias y de terceros que nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información