Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.


Listado de novas:


Dende 127 até 132 de 201 elementos



<< Anterior 1 ... 14 15 16 17 18 19 20 21 2223 24 25 26 27 28 29 30   ... 34 Seguinte >>


Ver noticia

A crise que non cesa


Autor:      X. M. Beiras
10/04/2011

Hai aínda poucas semanas que saíu do prelo, editada en versión galega por Toxos Outos e Unipro-editorial, a leición que pronunciara Alfredo Brañas na Universidade de Santiago en 1892: "A crise económica na época presente e a descentralización rexional". Un dos editores, Afonso Ribas, propuxérame facer un limiar para esta reaparición dese moi esquencido ensaio de Brañas que, malia ser publicado daquela, nunca volvera ser imprentado até agora. Aparecida esta nova edición, algún amigo enredante suxeríume partir o meu limiar en anacos pra publicalo, "por entregas", nesta páxina dominical do GH. Deixeime convencer, e velaí vos van a partir de hoxe, coas oportunas licencias dos editores e máis do paciente Tano. Disque haberá un agasallo para quen de vós dea chegado ao final da série sen indixestión de pedra -limiar, claro. A silicose seica está descartada -mais eu, que vós, non fiaría: o esnaquizado feito con rebarbadora levanta moito póo.

I

Esta publicación debémoslla ao amor á Terra e á xenerosa iniciativa emprendedora de Afonso Ribas, un dos corazóns protagonistas e cerebros artífices de duas fermosas aventuras editoriais na Galiza contemporán, a infelizmente efémera da pioneira revista "Teima" -cando a longa noite de pedra semellaba rebentar de vez en alba de groria- e a felizmente duradoira da fecunda editorial "Laiovento". Duas andainas nas que eu tiven a fortuna de ser un seu compañeiro de combate cultural, como o fora de combate político cando eramos "pexegos" os dous, inda non escachizada a pedra de aquela noite interminábel. Forxouse así entre nós unha amizade fraternal que perdura, e un recíproco entendemento baseado na comunidade de idearios e arelas que partillamos activamente verbo da emancipación do noso povo, e que abrolla decote nas nosas conversas e ás veces coalla en proxecto por obra da sua entusiasta iniciativa. Tal é o caso desta primeira edición en idioma galego dunha das pezas ensaísticas menos coñecidas de Alfredo Brañas.

Haberá cousa de dous anos que, nun serán de palique con Afonso arredor duns faiscantes viños da raia galego-portuguesa -dises que il tan ben coñece e tanto estima- a singladura da nosa conversa recalou na abra Brañas. Coido que fora il quen relembrara a referencia que eu fixera hai anos, nun meu xa vello texto, a un insólito programa político que Brañas enunciara en certa ocasión -insólito porque, considerado na sua textualidade, resultaba enchoupado dun soberanismo galego precoz para o seu tempo e disonante do canon rexionalista característico da sua obra máis difundida e do pensamento considerado xenuinamente peculiar seu. Rememoramos xuntos que non menos insólita resultaba ser a ocasión escollida por Brañas para publicitar ese programa, poisque o fixera a xeito de colofón do discurso que pronunciara como leición inaugural do curso 1892-93 da Universidade compostelán, na que, como é sabido, profesaba a cátedra de Economía Política -e, dadas as convencións inda hoxe imperantes, non parece ser un acto académico solemne desa caste o máis acaído para proclamar "urbi et orbe" unha posición ideolóxica persoal e guindarlle ao público un programa político, por riba tan heterodoxos unha e outro naquel contexto e en boca dunha figura tan conservadora e respeitosa das liturxias sociais estabrecidas como disque era o Brañas.

Rexoubamos e rímonos un cacho imaxinándomos a escena, e fixémonos de voz alta interrogacións e conxeturas varias verbo da enigmática e contraditoria persoalidade do Brañas patriota galego e tradicionalista, católico e antiforista, aristócrata de esprito e exaltador dos labregos, ademirador da Irlanda independentista e simples rexionalista pro domo sua -ou se cadra cripto-nacionalista como eu aventurara... Volvinlle contar -pois seguramente non era a primeira vez que o facía- a peripecia do exemplar que eu posuira dese discurso. Un vello volume que eu recordaba de sempre na biblioteca do meu pai, encadernado en pastas duras, impreso na de Paredes -a compostelán Imprenta Paredes, hoxe desaparecida, tan presente na miña memoria infantil e adolescente porque un fillo do impresor estudaba piano coa mesma mestra ca min. Ese volume fora un agasallo das irmás de Brañas, que tiñan unha escola na que o meu pai estudara cando neno, igual que un exemplar de El Regionalismo coa sinatura do autor. Fora meu pai quen me iniciara no coñecemento da figura e a obra de Brañas, e transmitírame moitos dados e anécdotas encol da sua persoalidade e a sua vida que lle contaran as irmás, coas que il mantivera unha agarimosa relación mentras viviron -e que co tempo fun esquecendo, mais seguro que ficaron encovadas no limbo da miña memoria. E regalárame eses dous volumes cando eu gañara a miña cátedra -mais ao cabo ían desaparecer da miña biblioteca nun trance crítico da miña vida que non ven a conto relembrar.

A leición de Brañas versaba sobre a crise económica da sua época, e o relembrármolo ocasionou que a nosa conversa virase cara a crise financeira que arestora estaba a estoupar no corazón do imperio. Néstas, ao Afonso ocurríuselle suxerir a oportunidade de editar agora ese discurso traducido ao galego. Dito e feito -o Afonso évos un home resolutivo: púxose á obra decontado. Mais, non dispóndomos do volume que eu posuira, compríalle percurar outro exemplar asequíbel para traballar nil -e non semellaba doado, dada a rareza de aquela publicación. Resolveulle o problema a impar "Biblioteca Penzol": alí estaba a obra, e permitíronlla fotocopiar. Púxose a traducila il mesmo -e velaeiqui está.

Como se fose un aceno de complicidade dos nosos devanceiros máis egrexios, o exemplar da "Penzol" que teño, fotocopiado, perante os meus ollos leva estampadas na portada interior, con inconfundíbel escritura autógrafa, esta lenda: "R. Otero Pedrayo/ Sant Iago de Compostela/ 31 xaneiro 1957". Asi que era iste o exemplar de Don Ramón... E, cousa para min rechamante, non o dera adequirido -seguro que non o dera achado- até nada menos que xaneiro do ano 1957, ou sexa, durante o penúltimo curso da sua serodia profesión docente como catedrático de Xeografía na Universidade compostelán -xubilaríano no 1958, ao cumplir os setenta anos e, como é ben sabido, por mor da represión que padecera por parte do fascista rexime franquista, o criador da primeira e inda hoxe paradigmática "teoría xeral" da xeografía galega non puidera acceder á cátedra dese eido científico na universidade da sua nación até o curso 1952-53, cumplidos xa os sesenta e catro anos de idade.

No reverso en branco desa mesma folla, Don Ramón -que era abondo máis metódico do que dan a entender os estereotipos da sua persoalidade humán máis comunmente difundidos- compuxo tamén do seu puño e letra un índice dos capítulos do libro, coa correlativa paxinación. E na cabeceira da páxina na que comenza a "Introducción" do discurso de Brañas, topámonos con outra solpresa para quen suscreben a tópica imaxe dun Otero ideolóxicamente conservadurista e transnoitado, poisque aí estampa il a sentencia de Concepción Arenal que transcribo literalmente para vós a seguida: "Se mencionan y discuten diferentes crisis q/ tienen mas ó menos influencia en el bienestar del obrero... pero no se habla de Crisis intelectual q/ existe y es factor poderoso de los problemas sociales. (C.Arenal - La instrucn. del obrero.) -inf. 1892-". Finísimo e elegante xeito tácito de se distanciar ideolóxicamente con ironía da cosmovisión de Brañas, ou, pola contra, apoiatura a algunhas das matinacións contidas nese primeiro treito da obra? A vós, leitores, corresponde xulgáredes co voso proprio criterio.

[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Galicia, unha referencia dos Gaite


Autor:      XAVIER CASTRO
02/04/2011

O público lector sabe da figura esencial de Carmen Martín Gaite dentro da literatura española. A obtención, entre outros, dos Premios Gijón, Nadal, Anagrama e Príncipe de Asturias das Letras, reforzaron pouco e poco a imaxe da autora de Entre visillos e Fragmentos de interior. A salmantina pertence a unha saga familiar de fondas raizames históricas e culturais que, en parte, coinciden co desenvolvemento da historia galega e que o escritor David González Couso vén de desenvolver no seu "O fío da escritura. A pegada cultural dos Gaite en Galicia" en edición de Toxosoutos e que inclúe un "fiadeiro prologal" de Claudio Rodríguez Fer. Non é esta a primeira vez que David González intervén nos vencellos persoais, históricos e culturais da familia Gaite, pois xa naquel "Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite" comezara "a tirar do fiado galego da liñaxe materna da autora, conformada polos Gaite...". Foi así como David González uniu os elos humanos e culturais dos Gaite co noso país ("membros ilustres que compoñen a súa ascendencia por liña materna, oriúndos de Galicia") nun libro que nos leva pola historia de persoas que deixaron unha fonda resonancia no noso territorio. A realidade humana (constante na súa novelística e ensaio) vén mesturada cos espazos recollidos das vivencias infantís en San Lorenzo de Piñor e que se plasman "na paisaxe deste lugar, ao que acudía quen sería unha recoñecida novelista, cada verán coa súa familia durante os anos de infancia e primeira xuventude, presente dalgún xeito en boa parte da súa obra". É que, todos os trazos representativos do que é Galicia, agroman de xeito constante mesturándose co misterioso, co lendario coa ambigüidade entre o vivido e o soñado.

O volume de David González inclúe tres interesantes facsímiles de obras de diferentes persoas desta saga, como o Método contra o cólera-morbo epidémico de Joaquín Gaite e publicado no ano 1854, as Consideracións sobre a defensa dos montes públicos en Galicia (Pontevedra, 1885) e os Elementos de xeografía astronómica e física (Ourense, 1894) escrito por Javier Gaite..

[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Xosé Agrelo e O triángulo escaleno. Estrea en Noia


Autor:      La Voz de Galicia
28/03/2011

Despois dunhas intensas xornadas de actividades e conferencias, a Semana da Historia de Noia tocou ao seu fin o sábado pola noite coa homenaxe a Xosé Agrelo Hermo, a quen se dedicou a sexta edición desta convocatoria. O coliseo Noela serviu como escenario para o sentido recoñecemento que os noieses brindaron ao falecido escritor e dramaturgo.De feito, foi precisamente a súa faceta teatral a que se destacou no acto celebrado o sábado, xa que se representou por primeira vez a obra póstuma de Agrelo, O triángulo escaleno.Pero antes de que os actores da compañía Mutis subísense ao escenario para a función, a profesora Pili Sampedro e Xoán Manuel Fernández, director do grupo teatral, lembraron a figura do homenaxeado.Este último repasou a súa relación co escritor e dedicoulle un dos seus contos, mentres que Sampedro repasou a historia teatral da vila noiesa e a obra de Agrelo. Concretamente, falou das súas creacións Noite de lobos, Metá e metá e O mestre. Tres textos que lle serviron para destacar a condición sinxela e popular do teatro de Agrelo, pero tamén o seu carácter profundo, ao tratar temas de calado social como a emigración ou a represión franquista.Logo, chegou o momento de culminar a homenaxe coa posta en escena da que é a única obra teatral de Xosé Agrelo Hermo que nunca se representou, O triángulo escaleno.
[...]
      Ler máis...
Ver noticia

El escritor da nombre a una sala del coliseo


Autor:      La Voz de Galicia
28/03/2011

Minutos antes de que el grupo de teatro Mutis pusiera en escena la obra póstuma de Xosé Agrelo, el regidor, Rafael García Guerrero, descubrió una placa con la que se bautizó el patio de butacas del coliseo Noela con el nombre del escritor noiés. Un sentido reconocimiento en el que participaron, además de la viuda del homenajeado, Solita Roo, que recibió un ramo de flores, familiares, amigos y numerosos vecinos de la localidad que hicieron que el recinto se quedase pequeño
[...]
      Ler máis...
Ver noticia

El patrimonio de Outes se puso en valor en la Semana da Historia noiesa


Autor:      Raquel Iglesias
25/03/2011

La lamprea en el río Tambre

Tras su intervención, el miembro del Museo do Pobo Galego, Clodio González, y el investigador Manuel Ces Canle presentaron el libro A pesca da lamprea en el río Tambre, del que ambos son autores y en el que se destacan capítulos históricos, como los conflictos que antaño se producían en la zona por la jurisdicción de estas aguas de gran riqueza.

También se ensalzó la vida que hacían sus vecinos en el río, y trabajos que antaño predominaban en la sociedad y se relacionaban con el agua.

La gastronomía también cobró un papel fundamental en la jornada del miércoles, y los secretos de la preparación de este pescado al estilo tradicional noiés crearon gran expectación entre los presentes.

Los fogones más tradicionales del municipio preparan la lamprea acompañada de patatas, y este manjar tiene gran éxito en los restaurantes de la zona.

[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Euloxio Ruibal ensalzó el talento dramático de Agrelo


Autor:      Javier Romero
20/03/2011

La sexta edición de la Semana da Historia de Noia comenzó ayer, tal y como marcaba el guión, ensalzando el valor creativo y personal de Xosé Agrelo. Fue uno de los prologuistas de su última publicación -O triángulo escaleno-, Euloxio R. Ruibal -el otro es Xerardo Agrafoxo- el encargado de presentar esta obra inédita del dramaturgo noiés entre amigos y admiradores. Fue el mismo Euloxio R. Ruibal quien ensalzó «o talento que Pepe tiña para interpretar, dirixir e escribir teatro, algo que se pode comprobar en O triángulo escaleno».

Y es que fue precisamente el bibliotecario de la Real Academia Galega, Ruibal, quien explicó que la pieza que se presentó ayer refleja todas las virtudes drámaticas de Agrelo: «Pepe mestura factores como son a comedia amorosa e o drama nun texto no que fai unha crítica a Igrexa máis tradicional pero sen ser ácida, con humor e moderación para que os espectadores ou lectores saquen as súas propias conclusións».

Y como entre creadores andaba la cosa, otro ilustre noiés, Alfonso Costa, tampoco faltó a la cita, relatando como se inspiró en los personajes de la obra para elaborar el dibujo que ilustra la portada de la publicación. El tercero de los ponentes, que además fue el encargado de abrir la Semana da Historia, leyó un texto introductorio sobre Agrelo, explicando su vida y obra. El encargo de hacerlo fue el filólogo Pastor Rodríguez.

Cabe decir que es la editorial también noiesa, Toxosoutos, la que se ha embarcado en este proyecto, que ya está a disposición del público. Además, el estreno de la primera jornada fue un éxito gracias al apoyo del público.

[...]
      Ler máis...