- Editorial Toxosoutos.com.


:



Ver noticia

Antonio Rey recibe hoxe o Premio Historia Medieval de Galiza e Portugal


:      La Voz de Galicia Barbanza
28/04/2012


Hoxe terá lugar, tamén na vila noiesa, o acto de entrega do galardón correspondente á undécima edición do Premio Historia Medieval de Galiza e Portugal, un certame literario convocado pola editorial Toxosoutos e os concellos de Noia, Outes, Lousame, Carnota, Muros e Porto do Son. A cita levarase a cabo na igrexa de Santa María A Nova, e comezará ás 13.00 horas.

No acto será galardoado Antonio Rey Somoza, quen resultou vencedor co seu traballo A nobreza medieval na lírica galego portuguesa. En primeiro lugar, abrindo a cita, haberá unha intervención musical por parte de alumnos do conservatorio municipal Felipe Paz Carbajal de Noia. Logo falará o alcalde da vila, Rafael García Guerrero. A continuación, será o director de publicacións de Toxosoutos, David G. Couso, quen lea a acta, para darlle despois paso a Henrique Monteagudo, presidente do xurado. O gañador do certame no ano 2010, Marcos Fernández, entregaralle o galardón a Antonio Rey, quen tamén lle ofrecerá aos alí presentes unhas palabras. De novo, volveran a soar unhas notas musicais ao remate da entrega.






<<       > <