- Editorial Toxosoutos.com.


:



Ver noticia

Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro, de Laura Tato Fontaíña


:      Ramón Nicolás
12/02/2013

Tras a publicación dunha achega madrugadora da man de Camilo Franco en Biblos accedo agora a un ensaio de carácter divulgativo da profesora Laura Tato baixo o título deRoberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro, editado porToxosoutos na súa colección Esmorga-Ensaio.

     Agradoume e, nomeadamente, documentoume a súa lectura, que foi, talvez, o obxectivo último deste ensaio. Ben acompañado, por certo, dun limiar que subscribe Manuel Quintáns Suárez quen, entre outras cuestións, nuclea as súas liñas iniciais por volta desa ecuación posible entre Vidal Bolaño e teatro nacional galego ou Vidal Bolaño e teatro popular galego.

     A profesora Tato Fontaíña, así pois, estrutura a súa achega en catro bloques. No primeiro articula unha sorte de breve historia do teatro galego desde a segunda metade do século XX até os tempos do Instituto das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), extraordinariamente documentado, como trazo que ben se pode aplicar ao resto do ensaio, e no que se asoman con pertinencia, ao meu ver, aos principais feitos que rodearon o teatro galego deste tempo no que Vidal Bolaño participou activamente ou se mantivo, á mantenta, afastado.





<<       > <