Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



Ver noticia

Contos e descontos


Autor:      Ruth Fernández
17/08/2011









RUTH FERNÁNDEZ



O pasado 7 de agosto o investigador lugués Claudio
Rodríguez Fer presentou na Feira do Libro da Coruña o volume titulado
Contos e descontos, unha obra que reúne a súa narrativa completa,
composta de dous libros publicados con anterioridade (Meta-relatos,
escrito entre 1976 e 1983 e Os paraísos eróticos, este último escrito durante a súa estadía en Nova York, Bretaña, París e Atenas entre 1984 e 2009), unha obra da mocidade que non fora editada (Prometeo adolescente, con microrrelatos escritos entre os 16 e os 20 anos, entre 1972 e 1976) e un relato inédito escrito recentemente.

Máis
coñecido pola súa faceta de poeta, neste volume presenta para os seus
seguidores un percorrido dende os relatos escritos na etapa adolescente
ata textos contemporáneos, máis propios da madurez do autor. Polo que se
refire á primeira narrativa de C. Rodríguez Fer (presentada nos
apartados ‘Pre- relatos’, ‘Ciclo de Ión’, ‘Entre a pavura e a
revolución’) hai que sinalar que recibe as influencias de Proust, Kafka,
Joyce, Faulkner, Poe, Lovecraft, Borges e Cortázar, lecturas daquela
etapa na vida do autor, pero tamén dá cabida á mitoloxía e ás historias
vencelladas á Guerra Civil e á posguerra, temas de sumo interese para o
poeta, involucrado de cheo na recuperación da memoria histórica, e máis
aínda ao ser fillo dun home represaliado. Esto vémolo especialmente no
libro titulado O neno que non quería ir á guerra de carácter inédito, que pecha o volume.

Meta- relatos
divídese en tres series: ‘Logaritmos’, ‘Fábula fauna’ e ‘Flérida
floresta’, converténdose nunha obra de reflexión sobre a propia
narración e o universo da ficción. Do mesmo xeito, Os paraísos eróticos
conta con tres seccións: ‘Belas e bestas’, ‘Entregas’ e ‘Tres’. Se
tivera que elixir un relato dentro da narrativa que se recolle en
Contos e descontos, este sería o que abre precisamente Os paraísos eróticos,
tratando un tema arquicoñecido na literatura e no cine: a historia dos
lobishome, pero neste caso coa diferenza de que a a figura que se
encarna nunha loba é unha muller, ademais chamada Ruth
. Refírome ao titulado ‘A muller loba’.

O
volume péchase co texto O neno que non quería ir á guerra (Recordos dun
neno da poesguerra), que inclúe os contos ‘Eu teño un canciño’, ‘A vaca
con zocas’ e ‘A republiquiña dos animais’. Péchase aquí un ciclo, pero
non se pon o punto final á narrativa do autor, xa que sendo máis poeta
que narrador, non descarta a posibilidade de continuar coa escrita de
relatos, sempre que lle permitan transmitir a intensidade que lle ofrece
a poesía. A elección do microrrelato ou do relato breve na narrativa
presentada en Contos e descontos débese, pois, a ese desexo do
autor, polo que no futuro poderá ampliarse esta obra completa con máis
ciclos de contos que, coma os poemarios, presenten a temática do
erotismo insubmiso, da memoria solidaria, da vangarda libertaria… Serán
microcontos vitalistas que obrigarán a ampliar a compilación de textos
xa presentada.

, que inclúe os contos ‘Eu teño un canciño’, ‘A
vaca con zocas’ e ‘A republiquiña dos animais’. Péchase aquí un ciclo,
pero non se pon o punto final á narrativa do autor, xa que sendo máis
poeta que narrador, non descarta a posibilidade de continuar coa escrita
de relatos, sempre que lle permitan transmitir a intensidade que lle
ofrece a poesía. A elección do microrrelato ou do relato breve na
narrativa presentada en débese, pois, a ese desexo do autor, polo que
no futuro poderá ampliarse esta obra completa con máis ciclos de contos
que, coma os poemarios, presenten a temática do erotismo insubmiso, da
memoria solidaria, da vangarda libertaria… Serán microcontos vitalistas
que obrigarán a ampliar a compilación de textos xa presentada.