- Editorial Toxosoutos.com.


:



Ver noticia

«Esta historia cobre desde a formación dos Tamara»


:      M.B. La Voz de Galicia
16/06/2010



Licenciado
en Química pola Universidade de Santiago e profesor de ensino
secundario, o ferrolán Fernando Fernández Rego é, ademais de escritor
-ten publicadas as novelas Un home que se está quedando sen aire e Desorde
-, un cinéfilo e melómano empedernido. Redactor da web de música
Lafonoteca, presentou recentemente na tenda O Pazo dás Musas o libro 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega , editado por Toxosoutos, no que sintetiza a historia do pop galaico nunha lista con máis de 300 nomes.


-¿Como xurdiu a idea de facer un libro sobre a historia do pop galego?


-Xurdiu
un pouco pola miña profesión, do contacto permanente con grupos e
discográficas, posto que estamos a levar algúns grupos e facendo
reseñas en distintos medios.


-¿A súa obra vén, xa que logo, a cubrir un oco que había na historia da música galega?


-Si, porque é o primeiro libro que cobre os cincuenta anos últimos. Houbo intentos anteriores con Rock & grelos (Lea, 1996), de Alberto Casal, e Rock bravú. A paixón que queima ou peito
(Xerais, 1999), de Xavier Valiño. Pero esta historia é a primeira que
cobre desde a formación de grupos como Os Tamara, NHU, co seu rock
progresivo, ou Goma 2, pasando por Andrés Dobarro, a movida de Vigo, o
movemento independente, con Piratas ou Iván Ferreiro, entre outros, e
os emerxentes como Triángulo de Amor Bizarro ou Neno e Pistola. En
total, 72 grupos cunha discografía totalmente comentada.


-¿Que é o que achega sobre cada un destes grupos?


-A
biografía e discografía comentadas. Despois hai unha segunda parte na
que distintos personaxes da escena, como Xavier Valiño, Jesús Ordovás,
Germán Coppini ou Miguel Costas reflexionan sobre cada un dos grupos da
súa época e elixen o disco que consideran máis representativo destes
cincuenta anos.


-¿Investiu moito tempo en terminar este traballo historiográfico?


-Case
tres anos investín en todo o proceso de documentación e na escritura. A
dificultade estivo, sobre todo, en atopar os discos e toda a
información precisa, pois de moitos destes grupos non hai información
en Internet. Foi un proceso de implicar a todo o mundo.


-¿é un libro destinado aos moi melómanos?



un libro destinado a todos os públicos, a melómanos e a xente que
queira achegarse á música galega. Ten unha linguaxe sinxela e leva un
glosario sobre estilos musicais. Complétase cun cedé no que figuran as
21 formacións máis punteiras da actualidade.





<<       > <