- Editorial Toxosoutos.com.


:



Estraño e diverso


:      Román Raña
12/04/2012

Estraño e diverso resulta este poemario de Ramón Caride Ogando
(Cea,Ourense,1957),A chuvia humana, que parece formar círculo co seu
libro inicial,Paisaxe de verde chuvia,no que ao título se
refire.O que agora comentamos circula,nunha primeira parte,polas vías do haiku
mostrando reverberacións reveladoras:“A chuvia domundo/non sabe/a quenmolla”,máis
tamén polos carreiros do aforismo simpático: “O marketing/ vén sendo o
lifting/das novidades/ou sexa: o dos remakes”; ou do epigrama filosófico:“



O amor e o sexo/non son sinónimos:/ non hai centro sen beiras”. Así
decorren numerosas composicións deste breve volume, tratando temas diversos
que,conxuntamente,



conforman un catálogo dos malestares íntimos do poeta, mais tamén da súa
educación sentimental. Na segunda parte,“Pegadas



e ronseis”, atopamos os poemas de longo folgo e de maior expansión lírica.Deste
xeito,o primeiro deles,“Ourense, 1967”,desafaba a saudade dos anos fuxidos:“Ourense,/néboa
que rubía do Miño, sotanas e pedra gris.A nostalxia é unha trampa/para os que
cobran a nómina/polosméritos do esquezo./Morriña do calendario/por un tempo que
se foi/sen que nunca fora noso”.Así,entre os versos e as sentenzas, se tecen e
destecen as palabras,ceibes polos soutos da melancolía.



 



Faro
da Cultura, 12 abril, p. 6




<<       > <