Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



Ver noticia

A cidade na poesía galega do século XXI, edición de Gonzalo Vázquez


Autor:      Ramón Nicolás
16/02/2012

Non son frecuentes as antoloxías, menos
aíndas poéticas nestes tempos, que reparen nun asunto concreto como eixe
vertebrador dos seus contidos. Isto é o que ocorre con A cidade na poesía galega do século XXI,
unha antoloxía poética que vén da man de Gonzalo Vázquez e que xunta
máis dun cincuentena de poetas, de diversas xeracións e sensibilidades,
asediando o tema da «cidade» que, por outro lado, talvez non ocupase na
nosa tradición literaria, por  moi desemellantes motivacións, un espazo
salientable.


    Así pois este libro vén cubrir esta
lagoa e faino dun xeito contundente e extenso, precedido dun breve e
suxestivo limiar -sospeito de que da autoría do propio editor
do volume-  que resume, en esencia, aquilo que quen se achegue ao volume
ha atopar: «poemas que nos presentan cidades sen nome, cidades froito
do estereotipo ou cidades que son parte dunha visión única sobre o feito
urbano, cidades galegas ou alleas á lingua que as transmiten e rúas que
son pisadas ou imaxinadas polos poetas que conforman esta relación».