Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



Ver noticia

O autor Claudio Rodríguez Fer presenta mañá en Santiago o seu novo libro


Autor:      Xornal de Galicia
31/01/2011

O escritor e profesor Claudio Rodríguez Fer presentará mañá en Santiago o
seu novo libro de poemas: Unha tempada no Paraíso (Toxosoutos). A cita
será ás 19.30 horas na Fundación Eugenio Granell e nela participarán
–ademais do propio autor– a tamén poeta Olga Novo e David González
Couso, director da editorial Toxosoutos, que incluirá o libro de
Rodríguez Fer na súa serie Esmorga.