- Editorial Toxosoutos.com.


:


Dende 145 até 150 de 201 elementos



<< Anterior 1 ... 17 18 19 20 21 22 23 24 2526 27 28 29 30 31 32 33   ... 34 Seguinte >>


Ver noticia

O fío da escritura, de David González Couso


:      Ramón Nicolás
05/02/2011

Carmen Martín Gaite manifestou en diversas ocasións a relevancia que para ela supuxo a descuberta de Galicia: unha paisaxe vital, familiar e íntima que espellou algunhas veces na súa obra literaria. Outra cousa era, ata o de agora, o coñecemento que se tiña da estirpe intelectual dos seus devanceiros galegos e da actividade cultural que despregaron aquí. Disto fala con tino González Couso, desvelando con rigor novos datos e, ademais, engadindo tres reproducións facsimilares que recuperan ensaios do século XIX sobre  diversos temas, todos eles  subscritos polos aqueles antepasados que afondaron, no seu tempo, en ramas do noso saber científico, histórico e literario. Ben está deixar constancia diso.
[...]
      ...
Ver noticia

Unha tempada no paraíso, de Claudio Rodríguez Fer


:      Caderno da Crítica
04/02/2011

No seo dunha nova colección poética, o que resulta unha excelente noticia, que edita Toxosoutos, volve a palabra poética de Claudio Rodríguez Fer nun volume publicado baixo o título de Unha tempada no paraíso. Falamos aquí, así pois, de paraísos literarios, como os que pensaron Breton, Raimbaud ou Baudelaire, mais este fondamente  humanístico e vital, introducido con moito tino,  pertinencia e asisada interpretación analítica pola tamén poeta Olga Novo. A autora de Nós nús, xa que logo, é quen apunta con ánimo esclarecedor  as claves semánticas e simbólicas deste volume establecendo unha intelixente lectura onde, ademais de subliñar os elos desta peza coa obra anterior do autor, destaca que o libro se asenta nun “paraíso antiblíblico conectado cos praceres da carne” e que nace dunha “libertaria arela humanista, acompasada ás aperturas múltiples da posvangarda, abeirada aos límites cognoscitivos”. 
[...]
      ...
Ver noticia

Claudio Rodríguez Fer: "Unha tempada no paraíso" supón unha reivindicación da paz, da felicidade e do amor sen límites"


:      Vanesa Oliveira
02/02/2011

O escritor lugués Claudio Rodríguez Fer -autor de máis de medio cento de obras- deuse a coñecer como poeta erótico en 1979 con Poemas de amor sen morte, engadíndose así á nómina de creadores que renovaron a poesía galega dos oitenta. Unha dimensión, unida á de liberdade, xustiza e paz, que se conxugan no seu novo poemario, Unha tempada no paraíso, que tira do prelo Toxosoutos na súa colección Esmorga. Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente e profesor na USC, presenta hoxe ás 19:30 horas na Fundación Eugenio Granell de Compostela a súa obra, acompañado pola poeta Olga Novo, que prologa a obra e de David González, director de publicacións de Toxosoutos. "Unha reivindicación da paz, da felicidade e do amor sen límites", así define o poeta este libro, dividido en seis partes, dende Soamente a apoteose até A bomba rosa, unha viaxe á busca dun paraíso antibíblico na que a utopía de cambiar o mundo e reinventar a vida se resume na rosa bigbánica, o sexo da muller como acceso ao coñecemento.

Unha tempada no paraíso contén estratos múltiples, ecos intertextuais que conforman o mapa dunha obra total, cohesionada no seu polifónico clamor de rotundo vitalismo e compromiso ético.

Por iso Eros sen Tánatos non se concibe sen amor pola memoria e polo restablecemento da dignidade ás vítimas da barbarie, e neste senso o libro conecta, como veremos, coas proclamas de poesía pola memoria antifascista contidas en A loita continúa (2004) e Ámote vermella (2009).

O lugar do amor é sempre o lugar da paz. Así nace a poética do paraíso que nos libera do tráxico fatum occidental que entrega sen remedio as nosas paixóns á morte alzando negras velas ou velenos entre os amantes. E mentres a propia lectura do libro se revela como tempada no paraíso do goce da beleza escrita, o poeta ofrece unha serie de "retallos de vida compartida en harmonía profunda", isto é, a experiencia concreta e material dun paraíso de persoas.

Neste poemario, como indica Olga Novo na introdución, están presentes os tres piares da súa poética: a utopía, o erotismo e o coñecemento. Que supón Unha tempada no paraíso dentro da súa traxectoria literaria?

Despois da triloxía da memoria composta por Lugo blues, sobre a historia da miña cidade natal; A loita continúa, sobre a historia de Galicia, e Ámote vermella, sobre a represión das mulleres progresistas, Unha tempada no paraíso supón unha reivindicación da paz, da felicidade e mais do amor sen límites.

Cal é ese paraíso poético e vital ao que fai referencia no libro?

A utopía libertaria, que é posible na vida e na terra, porque os paraísos poden vivirse e son posibles malia todo. Po iso tomo como motivos o amor, o erotismo, a viaxe, o lugar e a arte, materializada nas ilustracións de Sara Lamas.

Ese paraíso cífrase en termos de feminismo, vitalismo, compromiso ético, liberdade... conceptos contrapostos ao paraíso bíblico ou á eternidade relixiosa. A poesía é unha forma de buscar unha utopía que arrede os complexos de culpabilidade inseridos na nosa mentalidade durante séculos de relixión?

Por suposto: existe o paraíso, pero está na Terra, aínda que ás veces nos queiran impoñer o inferno.

Na propia estrutura do libro, que empeza con "Soamente a apoteose" e remata co Big Bang da Bomba rosa, ponse de relevancia a busca dun paradigma cosmolóxico invertido. A fin do mundo é o comezo?

Dende logo, porque o mundo, como o amor e a poesía, non ten fin, e cada momento é un principio.

Tamén hai unha concepción do amor aberto, como un lugar de paz, de pracer. De feito, o libro comeza cunha dedicatoria ás unións libres. ¿Ao amor absoluto só se chega coa liberación do colectivo?

En efecto, porque non hai amor, senón probas de amores.

Os poemas tamén mostran a pegada do celtismo, as referencias a Delfos ou Creta como lugares habitados polas belas cariátides, é unha proclama á independencia radical das mulleres?

O celtismo é unha constante na miña obra dende o primeiro libro ao próximo, que se titulará Meus amores celtas, e a independencia da muller é para min outra constante, pois a liberdade non existe senón é compartida por todos e por todas.

Hai un poema dedicado a Lolá Doreste e Ángel Johan e outro a J. A. Valente, unha despedida. Que significan estes poemas?

O primeiro trata da afirmación do paraíso a través do amor aínda no inferno do fascismo e o dedicado a Valente lembra como se enfrontou coa morte o poeta ourensán, que, no momento en que se despediu de Carmen Blanco e de min a última vez que o vimos, nos dixo antes de que partiramos: "Xa teño nostalxia de vós".

Cal é o significado de Macumba?

O feitizo do abrazo á diferenza corporeizada na estranxeiría, porque quen é de fóra nos permite a nós ser nós mesmos, ao facer de nós tamén persoas estranxeiras, porque debemos asumir que en realidade todos somos estranxeiros, aínda que ás veces esteamos de permiso ou teñamos papeis.

O Big Bang da Bomba rosa fai referencia ao sexo da muller como principio metafísico, como acceso ao amor incondicional e ao coñecemento. A muller é orixe e destino sempre nos seus poemarios, a que se debe?

Por amor concreto e pola situación potencialmente liberadora da que é portadora nunha sociedade patriarcal como a nosa. Polo demais, todos os meus poemas foron sempre poemas de amor, mesmo os que tratan de xenocidas ou tiranos, porque neste caso son poemas de amor ás súas vítimas. Non sei facer poemas de odio nin me gustaría que houbese odio non meus poemas porque creo que neste mundo xa hai odio dabondo fronte á escaseza de amor.
[...]
      ...
Ver noticia

Presentación do libro "Unha tempada no paraíso"


:      Santiagoturismo
02/02/2011

tempasa no paraíso", de Claudio Rodríguez Fer, publicado pola editorial Toxosoutos. No acto intervirán o propio autor, ademáis de Olga Novo e David González Couso.

Claudio Rodríguez Fer naceu o 4 de abril de 1956 en Lugo, onde moi cedo comezou a escribir e mesmo a publicar. Poeta, narrador, autor teatral e ensaísta sempre en vangarda, é autor de máis de medio cento de obras de creación e de investigación. Deuse a coñecer en libro como poeta erótico, dimensión á que consagrou numerosas obras, mais, radicalmente comprometido así mesmo coa liberdade, a xustiza e a paz no mundo, publicou tamén toda unha triloxía poética consagrada á memoria histórica de Galicia. Actualmente é director da Cátedra Valente de Poesía e Estética e da revista universitaria Moenia, ambas da Universidade de Santiago de Compostela, e coordinador dos cadernos interculturais Unión Libre. Exerceu como profesor visitante nas Universidades da Cidade de Nova York, da Alta Bretaña en Rennes e de Bretaña Sur en Lorient, así como publicou, disertou e recitou en moitos outros lugares de Europa, de América e de África. Dirixiu diversos congresos e encontros e participou en decenas de actas, enciclopedias e revistas europeas e americanas, estando traducido a numerosos idiomas (castelán, catalán, francés, italiano, inglés, alemán, bretón, ruso, árabe).

[...]
      ...
Ver noticia

O autor Claudio Rodríguez Fer presenta mañá en Santiago o seu novo libro


:      Xornal de Galicia
31/01/2011

O escritor e profesor Claudio Rodríguez Fer presentará mañá en Santiago o seu novo libro de poemas: Unha tempada no Paraíso (Toxosoutos). A cita será ás 19.30 horas na Fundación Eugenio Granell e nela participarán –ademais do propio autor– a tamén poeta Olga Novo e David González Couso, director da editorial Toxosoutos, que incluirá o libro de Rodríguez Fer na súa serie Esmorga.
[...]
      ...
Ver noticia

Euloxio Ruibal e o seu fero alegato contra a corrupción


:      Vanesa Oliveira Santiago
27/01/2011

Azos de esguello (1989) viña relanzar a carreira de Euloxio R. Ruibal, logo de varios anos afastado de dramaturxia. A peza gañou o Premio Cunqueiro dese ano pero non coñeceu a súa representación no Centro Dramático Galego. Detrás desa decisión estaba -segundo afirma a profesora da Universidade da Coruña, Laura Tato, na introducción da reedición de Azos de esguello realizada por Toxosoutos dentro da súa nova colección A Esmorga, que onte se presentou en Compostela- "a censura sen paliativos á sátira máis virulenta que até o momento fora escrita contra a novísima democracia galega e, máis en concreto, contra a súa clase política".

A obra é o retrato de don Galisindo -trasunto da propia Galicia- un emigrante retornado da Arxentina que se dedica aos negocios da construccón pero a súa cobiza faino buscar máis poder a calquera custo. "Hai medios sutís para que unha obra non se chegue a representar", asegura o autor dunha montaxe que se representou finalmente en Ribadavia en 1995. "A min ségueme parecendo que ten moita actualidade, algo que me sorprende. Eu estiven en contacto coa emigración en América e Europa, que son moi diferentes. Vendo como vivía a emigración galega en Arxentina, produciume unha certa tristeza como vivían desacougados porque non estaban onde querían, non tiñan raíces e para saír adiante, tiñan que loitar con máis esforzo. Eu falo no libro de pequenas corruptelas".

Para Ruibal, a obra "anticipaba unha situación que hoxe se está a reproducir con máis forza". E prosegue: "Eu penso que o labor dos escritores é ser testemuñas dunha época pero tamén anticipar que vai vir se seguimos por este camiño. Toda a corrupción foise multiplicando". Para o autor, "os tempos non son bos, as compañías teñen que vivir e consciente ou inconscientemente vanse adaptando. Os titiriteiros sempre estiveron ao servizo do poder. Agora están recibindo axudas do poder. Saben que ou ben se manteñen integrados ou se teñen que poñer á marxe. Temo que moitas estéticas que queren tapar o que ocorre non leven ao noso teatro por camiños que o dignifiquen".

[...]
      ...