- Editorial Toxosoutos.com.


:



O Premio de Historia Medieval dáse por consolidado


:      M. X. Blanco
12/05/2013

Aínda que hai tempo que se coñecía a identidade da gañadora da duodécima edición do Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal, a autora lucense Olga Novo entrou onte a formar parte, oficialmente, da lista de galardoados. Foi nun acto que tivo lugar na casa de cultura de Lousame, onde se falou deste certame de investigación como unha iniciativa consolidada e con vocación dun futuro longo.

Iso foi o que destacou Clodio González, que interveu en representación de Toxosoutos, a editorial que hai doce anos decidiu crear este premio co fin de incentivar a investigación da historia de Galicia e Portugal, concretamente da época medieval, pero tamén de promover o emprego de dúas linguas irmás, o galego e o portugués.

Tamén a rexedora local, Teresa Villaverde, se referiu á importancia que acadou o certame co paso dos anos. Neste sentido, animou aos outros concellos que colaboran con esta iniciativa, que son Carnota, Muros, Porto do Son, Noia e Outes; a seguir achegando o seu grao de area para garantir o futuro do certame.

Como recompensa polo seu traballo, Leda m?and?eu. Erótica medieval galaica, Olga Novo recibiu, ademais do premio en metálico, unha figura conmemorativa e un exemplar do seu libro, que a editorial Toxosoutos ven de lanzar ao mercado.





<<       > <