- Editorial Toxosoutos.com.

Empresa - Editorial Toxosoutos.com.

A Editorial Toxosoutos nace no ano 1988 coa publicación de M. Fabeiro Gómez, A Freguesía de Santa Mariña do Obre, parroquia noiesa onde están ubicadas as instalacións, tanto da editora como de Gráficas Sementeira.
Se ben nun principio xorde coa intención de proxectar Noia e a súa riqueza artística e histórica, axiña nos absorbeu unha necesidade de compromiso co resto de Galiza, por iso sentímonos impulsados a pór noso grao de area en beneficio desa idea, ás veces tan abstracta, de facer país, axudar, modestamente, á construcción da nosa terra na medida das nosas posibilidades.
Desde os comezos entendimos que, como galegos, tiñamos que participar nesa loita pola defensa da lingua. A lingua é un dos principais, se non o máis, vehículo de expresión dunha cultura. Unha editora ten como primeiro dos seus patrimonios as palabras que lle emprestan os poetas e os investigadores, unha editora ten que saber xestionar esas palabras facéndolle crecer as alas para que as verbas voen e se espallen enchendo os ollos e os corazóns dos nosos lectores.
Mais a parte da língua tamén está o noso país, que deixa de ser símbolo para se convertir nunha realidade do día a día. Un país que se ten que abrir, que se mostrar ao mundo, procurar novas vías de comunicación e empregar as xa existentes, un pouco na idea de recoller a virtude unamuniana de, e sen ser presuntuosos, non galeguizar Europa, mais si dicirlles que tamén estamos nós.
Xa con certo bagaxe, podemos mirar atrás e lembrar a aqueles que nos tempos dos soños foron colaborando de xeito desinteresado para dar realidade ao noso proxecto, infinidade de compañeiros que fixeron posible, que nesta altura, teñamos máis de 150 títulos de fondo editorial. Xente como o citado historiador M. Fabeiro Gómez, o poeta Antón Avilés de Taramancos, o profesor Xosé Agrelo, o historiador Clodio González Pérez -coordinador de publicacións- ou os non menos Paco Souto, Lois López Rico, Lola Pena e Santiago Casal, en labores de asesoramento ou xestión comercial. Desde eles até vostede, que é o que máis nos importa, e sempre ao cuidado da Cultura. 

A nosa xuventude e pulo é o que nos permite traballar para mellorar e procurar estar ao seu carón por medio das numerosas coleccións que conforman o noso catálogo; Keltia (mundo celta); Trivium (historia medieval);Anais (historia moderna); Os Barbanzóns (banda deseñada); NumeNarrativa Histórica e Letra Inversa (prosa e verso da literatura galega); Trasmontes (literatura doutros idiomas traducida ao galego); Memoralia (ensaio biográfico); Colección lingüísticaBiblioteca filolóxica e Divulgación e ensaio (estudos lingüísticos e etnográficos); e Fóra de colección (de temática variada),  Serie Esmorga (edicións escolares con estudo e notas de especialistas: Teatro, Poesía, Ensaio, Narrativa e Escolmas). 
Para calquera cousa que precise non dubide contactar con nós por teléfono ou por e-mail, algunha das persoas que aquí traballamos lle resolverá o seu problema, desde seguimentos de pedidos, a información sobre publicacións de autor, novidades ou distintas cuestións que nos poidan plantexar. Atenderemos a súa chamada facendo que o virtual se convirta en real dándolle a seguridade necesaria para que vostede confíe en nós sentindo a nosa editorial como parte de seu.
Outra oportunidade que lle damos é a de visitar as nosas librerias, LIBRERIA SEMENTEIRA, de Noia e Muros; onde atopará, ademais do noso catálogo, calquera publicación e novidade das outras casas editoriais.
TOXOSOUTOS, nome que se inspira no topónimo que serve de asentamento ao mosteiro de San Xusto, intenta harmonizar a tradición coa modernidade, e niso pretende resumirse a globalidade do noso proxecto, unha idea pensada só para persoas como vostede.