Fundación e primeiros séculos do mosteiro bieito de Santo Estevo de Ch
|
: 00340 : 978-84-92792-10-8 : Fundación e primeiros séculos do mosteiro bieito de Santo Estevo de Ch : : : -- : 19,00 € : 340 pax - 15x21 cm Esta obra recolle a edición da documentación medieval pertencente ao período fundacional e de esplendor económico (sécs. IX-XIII) do mosteiro beneditino de Santo Estevo de Chouzán, un antigo cenobio situado na actual freguesía homónima pertencente ao concello de Carballedo, na comarca de Chantada. O traballo achega ao historiador a colección diplomática, até o de agora inédita, vinculada aos primeiros catro séculos de vida deste mosteiro, convertido en priorado a partir de 1499 coa súa anexión a San Paio de Antealtares. Ao mesmo tempo, ponse á disposición aos historiadores da lingua unha masa textual adecuadamente disposta para o seu aproveitamento escriptolingüístico. Por último, a reflexión ecdótica contida nesta obra pretende achegar ao público interesado unha descrición razoada de todos aqueles feitos gráficos conflitivos á hora de editar fontes documentais antigas, acompañada dunha proposta de presentación crítica tendente á interdisciplinariedade entre as ciencias historiográficas, a historia e a filoloxía. |
|