José Rodríguez Fernández. Motores Ayón
|
: 00339 : 978-84-96673-60-1 : José Rodríguez Fernández. Motores Ayón : : : -- : 9,00 € :
“Iniciei a aprendizaxe como mecánico en 1928, tiña eu catorce anos; desta situación pasei a oficial de mecánica e torneiro ata o ano 1937 no que fun mobilizado e destinado a Zaragoza. Alí traballei nun taller mecánico como torneiro ata o ano 1939 no que finalizou a guerra. A partir desta data estiven ao cargo dunha empresa de transportes con gasóxenos, en concepto de mecánico da mesma. No 1945 establecinme como industrial mecánico cun taller para reparacións xerais; no 1952 xurdiume a idea de fabricar un motor Diesel mariño. Realizada a proba satisfactoriamente enfoquei a construcción en serie destes motores diversificando potencias e sinalándoos coa marca “Ayón” que significa “Noia”, lido ao revés, en cuxa actividade estiven traballando ata o ano 1984”. Estas palabras de Jesús Rodríguez Fernández resumen a vida dun home caracterizado pola súa tenacidade e a súa profesionalidade. Unha vida que descubrimos neste libro grazas á emocionada lembranza do seu fillo.
|
|