A historia da Doncela Teodor
|
: 00470 : 978-84-15400-84-4 : A historia da Doncela Teodor : : : 15x21; 73 páxinas : 12,00 € :
A Historia da doncela Teodor é un relato medieval construído nunha tradición de literatura sapiencial e didáctica que proliferou na península Ibérica sobre modelos temático-formais que se remontaban a culturas antigas (mesopotámica, greco-bizantina, bíblica), e que entraron en Europa polo contacto hispánico con textos traducidos e adaptados ao árabe. Estas obras elaboráronse de novo en castelán no século XIII, na forma en que se conservan en manuscritos do XV, e foron recreadas no seu contido e fixadas como exitoso xénero editorial pola imprenta nos inicios do XVI. Neste grupo en torno aos temas da sabiduría e da moral, algunhas historias usaron un esquema de preguntas e respostas como método clásico e lúdico para transmitir coñecementos variados. E así foi redactada a aventura dialóxica de Teodor, unha rapaza escrava que se ve sometida a un difícil interrogatorio ante un rei e varios sabios: a súa intelixencia deulle a vitoria e, con ela, a salvación e a superación da pobreza que ameazaba a súa vida futura. |
|