O COITELO DE PEDRA FUNDIDA
|
: 00508 : 978-84-944232-8-4 : O COITELO DE PEDRA FUNDIDA : : : 109 PÁX. 130X200 : 13,00 € : A terra abriuse como peito descarnado para acoller a aquel que, o día antes, decidira pasar toda a noite de vixía previndo á súa xente da descoñecida fera, monstro ou pantasma que tiña ameazada á aldea, dun ser contra quen non puido o rastrexo exhaustivo de todos os homes da veciñanza, nin as preparias e sacrificios outorfados ós deuses no altar da Peniña Branca. Ábrese a terra para acoller no seu sero ó ousado rapaz, ó valente guerreiro, ó astuto cazador que decidira velar, agochado no xuncal da lagoa, para desenmascarar ó montro ladrón que nunca deixaba máis rastro cá falta de carne, de froitos e aparellos que logo metía pola porta esmoleira da cabana dos sacerdotes. ¿Era aquela unha oblata do ladrón ou unha acusación contra a falta de fe dos paisanos da que os intercesores da divindade tanto se queixan?. ¿Quén era?. ¿Cal era a caste dese montro?. |
|