Catálogo de Fray Martín Sarmiento
|
: 00262 : 84-95622-66-1 : Catálogo de Fray Martín Sarmiento : : : -- : 10,00 € : 136 páx. (150x210 mm.) É proverbial a teimuda negativa de Martín Sarmiento, un dos escritores máis prolíficos da España dezaoitesca, a dar publicidade aos seus escritos. Unha actitude que non conseguiu, embora, que morosamente fosen escoando á luz pública modestos retrincos que, mal que ben, permitían albiscar a riqueza do conxunto. Un deles é a peza que presentamos, e nela queda patente que, polo menos nun senso, o autor se desmente (máis unha vez) a si mesmo: é certo que, ao condenar ao ineditismo os seus escritos. Sarmiento quedaba enrolado na "Confraría dos finados antes da invención da imprensa"; pero non é menos certo que a súa paixón polos libros, que quixo colmar coleccionando con agarimo unha magnífica biblioteca privada, o convertía en membro sobranceiro, e moi notorio, da Confraría rival, a dos vivos amadores dos prelos. |
|