Servos e escravos altomedievais no noroeste da Península Ibérica
|
: 00420 : 978-84-92792-81-8 : Servos e escravos altomedievais no noroeste da Península Ibérica : : : Primeiro Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal 2010 : 13,00 € : 124 páxs 15x21 Son moitos os conceptos cos que se designaba ós individuos das clases servís entre os séculos IX e XII. Xa que logo, esa multiplicidade de designacións converte a cuestión do vocabulario e a terminoloxía nun aspecto imprescindible cando se pretende estudar o tema da escravitude e a servidume nese período. Froito desa necesidade xorde a presente investigación, na que se aborda a tarefa de identificar a presenza dos servos nunha selección de fontes documentais senlleiras para historia medieval do espazo galego. O traballo estrutúrase en dúas partes claramente diferenciadas. En primeiro lugar, elaborouse unha aproximación ó estado da cuestión, é dicir, unha imaxe resumida do controvertido reflexo que tivo esta temática no ámbito da historiografía. Seguidamente, amósase a análise e interpretación do denominado vocabulario da dependencia, considerando separadamente os conceptos medievais que se refiren ó estatus servil e ós seus integrantes. |
|