Historia dunha investigación e de máis de dous asasinatos
|
: 00363 : 978-84-96673-99-1 : Historia dunha investigación e de máis de dous asasinatos : : : -- : 14,00 € : 216 páx. 13x20 cm A historia non se pode escribir sen fontes nin a literatura sen imaxinación. Ambas se unen para construír esta novela na que se narra o proceso de elaboración da tese de doutoramento dun mozo licenciado en Historia que decide homenaxear ao seu pai, catedrático de paleografía da USC, con esta decisión. A obra divídese en dous planos, narrando, por unha banda, as circunstancias vitais do protagonista durante o seu período de investigación e, por outra, os feitos históricos que a devandita investigación vai proporcionando. Estas esferas reflicten un proceso de transición, o primeiro histórico, entre a Idade Media que desaparece para dar paso ao Renacemento, e o segundo vital, no que se dá conta dos cambios persoais e sociais que a investigación e o paso do tempo lle causan ao protagonista. |
|