O espertar
|
: 00050 : 84-95622-56-4 : O espertar : : : -- : 9,00 € : 215 páx. (110x165 mm.) Cando abrimos "The Awakening", simplemente, espertamos a unha realidade que nos trae o cálido ambiente da Luisiana de fins do XIX, descubrimos as influencias acadianas, outro xeito de vivir, mergulladas no puritanismo dunha sociedade que reprime o papel da muller até convertila en obxecto, e non suxeito, evadida de calquera tipo de sensualidade, activa ou pasiva. Kate Chopin, posuída pola personalidade literaria de Maupassant, danando as estructuras da moral dominante no cotián, e no literario, a prevalente "Genteel Tradition", fala do real nesa sociedade crioula, das sensacións separadas daquelas morais disciplinadas, de infedelidades, de divorcios e, como substrato de todo isto, dun aspecto nuclear, o espertar da muller que ultrapasa seus horizontes domésticos sentíndose creadora e artista. A obra serviu como un dos iconos do movemento feminista na pasada década dos 60. |
|