Jaloffeim
|
: 00711 : 978-84-123922-4-1 : Jaloffeim : : : 130x200mm. 50 páx. : 12,00 € : Jaloffeim é, ante todo, unha chanza privada do autor, e un enigma. Despois, ou de paso, é un odeiro. Odas de aspectos diversos e espíritu unitario, dedicadas ás cousas que realmente as merecen: un neno que caza víboras, a alimentación hipercalórica, unha cinta de casete de Víctor Manuel, unha que lle morreu o home diante dunha orquestra e alegrouse, rozar un camín, ter unha folla de Excel para organizar as series, e outras grandes xestas desas que chaman historia "pequena", "micro" ou " da xente que morre cos cadrís desfeitos". |
|