Nomes propios
|
: 00749 : 978-84-125915-7-6 : Nomes propios : : : 130x200mm.139 Páx. : 12,00 € : En NOMES PROPIOS recóllense relatos breves, onde o protagonismo recae nas mulleres, nos homes e lugares onde se desenvolven estas historias. Nalgúns deles, nárranse momentos relacionados co amor nas súas diversas formas, pero tamén vivencias traumáticas como a enfermidade ou o fracaso profesional. Noutros, prodúcese un achegamento ás nosas lendas e feitos fantásticos que poden ter un fondo histórico. Así mesmo, descríbense situacións e circunstancias que calquera persoa puido vivir nalgunha ocasión da súa vida. Afloran sensibilidades como a honradez ou a covardía, pero tamén circunstancias vividas na escola, no deporte ou no traballo. Igualmente se expoñen temas relacionados co alcoholismo, coa infidelidade ou mesmo coa morte. Ademais, hai unha aproximación á nosa rica e variada literatura de tradición oral. Finalmente, salientamos que en todos os relatos deste libro está sempre presente un sentimento inalterable: o amor ás persoas e á nosa terra.
|
|