Das pioneiras ás primeiras federadas. Unha historia social do deporte
|
: 00791 : 978-84-128497-7-6 : Das pioneiras ás primeiras federadas. Unha historia social do deporte : : : 150x210mm. 145 páx. : 16,00 € :
As mulleres en xeral e as de Boiro en particular son o núcleo desta obra que é de historia local, é de historia do deporte pero, sobre todo é da historia da muller. Unha historia con perspectiva de xénero que, centrada nas mulleres dunha localidade costeira da Ría de Arousa, pon o foco, sobre as mulleres dunha realidade galega e española que pasaron dos anhelos de liberdade a ter que socializar e expresarse nunha ditadura que a contemplaba supeditada ao home e, a pesar disto, planeaba a súa participación nunha rede deportiva de orientación filofascista que evolucionaría dende os tempos da vitoria até o tardofranquismo.
Quen vai dispoñerse a ler este libro que saiba que está ante un traballo complexo e, á vez, de lectura doada a pracenteira. Un traballo local e universal sobre o deporte, a sociedade e a muller. Un traballo perfectamente concluído e, polo tanto, isto é o máis interesante, aberto a ser continuado, porque, con seguridade, a lectura destas liñas invitarán a querer saber máis sobre as mulleres deportistas de Boiro. |
|