Liñas Compartidas
|
: 00665 : 978-84-948966-8-2 : Liñas Compartidas : : : 420 páx. 150x210mm : 22,00 € : Liñas compartidas recolle o resultado dunha fermosa experiencia colectiva levada a cabo nun obradoiro de creación en Rianxo. No libro conflúen as olladas de autoras e autores de idades diversas que gustan da escrita e proban a súa orixinalidade e o seu talento co texto individual creado durante o curso, mais tamén temos a oportunidade de ler cadanseu relato comunal que foi endiado por media ducia de participantes que compartiron ideas e argumentos, alternando os capítulos até un final pactado que serviu, non só para confirmar a calidade do texto senón tamén para asistirmos, paso a paso, a un proceso de construción onde ía implícita a vontade primeira do curso: atravesar todos os atrancos dende o inicio até o remate. |
|