A carpintería de Ribeira e os estaleiros no concello de Outes
|
: 00210 : 978-84-96673-69-4 : A carpintería de Ribeira e os estaleiros no concello de Outes : : : -- : 8,50 € : (150x210 mm) Neste libro que agora tedes nas mans, Xoán Francisco García Suárez ofrécenos unha completa panorámica sobre a carpintería de ribeira e os estaleiros nun concello pertencente á ría de Muros-Noia como é o concello de Outes. Logo dunha breve introdución sobre as orixes e importancia que as comunidades de pescadores tiveron no desenvolvemento socioeconómico da ría, así como as actividades relacionadas co comercio e o transporte de persoas por mar, o autor céntrase de xeito especial nos séculos XIX e XX, nos que apoiado na consulta dunha rigorosa documentación en arquivos e rexistros da Capitanía Marítima de Noia, pon de manifesto a grande importancia que a actividade construtora naval en madeira acadou no concello de Outes. Xoán F. García con este traballo contribúe a rescatar da invisibilidade unha parte desa xeografía invisible que se corresponde coa historia marítima da ría de Muros e Noia, para poñela a disposición de todos nós. |
|