O espantallo
|
: 00423 : 978-84-92792-85-6 : O espantallo : : : Conto infantil. Ilustracións de Pepe Carreiro. Limiar de David G. Couso : 7,00 € : 32pp 14x21 Dous paus cravados, un feixe de palla, unha chaqueta da cor do vento e un sombreiro cheo de buratos: ESE SON EU.
Conta o espantallo -dous paus cravados, un feixe de palla, unha chaqueta, un sombreiro esfucarado e mais unha cachimba inglesa que lle puxeron un fato de raparigos- que, situado na agra fronte á escola, pode ver os nenos estudiar e de paso vai adquirindo cultura. No recreo métense con el, pero sabe que é xogando, que lle mostran así a súa amizade. Cando eles faltan, bota longas parrafadas cos paxariños: parece unha árbore florecida, con todos enriba del. Como o amo emigrou para Alemaña, quedou sen traballo, pois na leira non hai nada cultivado. Os amigos de antes pérdenlle o respecto e non o ollan nin de lonxe. Vaise desfacendo a modiño: un galopín róuballe a cachimba, un pobre a chaqueta en pleno xaneiro e o vento tíralle o sombreiro. Parece un cruceiro de carballo retorto. Se ata un peto está facendo un niño nun dos seus paus. É ben certo: "O fado dos espantallos ninguén o sabe". |
|