NOIA E MUROS PAISAXES URBANAS DE SÉCULOS
|
: 00616 : 978-84-946001-1-1 : NOIA E MUROS PAISAXES URBANAS DE SÉCULOS : : : 427 páxinas : 30,00 € : .Na ría de Muros-Noia, onde o Atlántico perde a súa bravura convertido nun mar interior, as vilas que lle dan nome ofrécense como exemplos para mostrar como longa historia de procesos naturais e de intervención e imaxinación humanas. No espazo actual de Noia e Muros podemos ler o tempo por mor da presenza de vestixios do pasado -visibles uns, outros invisibles- que permanecen como pegada no territorio doutras xeracións que nos precederon. Dende un enfoque histórico-xeográfico achegámonos a estas entidades urbanas coa pretensión de descifrar e realzar a súa riqueza cultural. A análise da evolución histórica da súa paisaxe ten como principal obxectivo aportar elementos para un mellor coñecemento da paisaxe actual e da súa problemática así como criterios para unha mellor xestión do territorio, pois pensamos que unha axeitada perspectiva histórica axuda a unha mellor comprensión dos procesos que conducirosn ata a crise do presente, así como deseñar con sentido outras opcións de desenvolvemento urbano máis sostibles. |
|