Un bo día para pasear, Scott!
|
: 00475 : 978-84-15400-95-0 : Un bo día para pasear, Scott! : : : 150x200mm : 12,00 € : Neve. Escuridade. Moitos graos por debaixo de cero. Unhas condicións que poden darse no Polo Sur. Ou á volta da esquina, nunha vila de León. Os protagonistas deste relato non terán nada que envexar aos exploradores míticos como Scott ou Shackleton, no tocante a enfrontarse a circunstancias adversas. Dani, o narrador, contaranos, a través das páxinas do seu diario, a historia deses días pasados en Villablino, pero tamén vai contar, con moita retranca e unha chea de referencias á cultura pop, todo o que se lle pasa pola cabeza, dende as súas dúbidas sobre o xeito de reproducirse dos pingüíns ata a morriña polos anos oitenta. Esta historia é a demostración de que o espíritu da aventura latexa dentro de todos nós... aínda que a aventura non se albisque por ningures. |
|