Cartas a Elisa
|
: 00359 : 978-84-92792-19-1 : Cartas a Elisa : : : -- : 11,00 € : 176 páx. 15x21 cm Cartas a Elisa e a confirmación dun destino cruel que persegue ao protagonista ao longo da súa vida. Xabier Arias avanza a trompicóns por ela, tentando sepultar as pantasmas do pasado. Con atrevemento, toma decisións importantes que semellan ser dabondo para ter control sobre a súa existencia e, o que aínda é máis importante para el, acadar a paz interior. Mais un fondo de tensión básica impídelle acabar de crer que ten dereito a ser feliz. Esa angustia velada vai tomando corpo segundo avanza o relato ata que un revés inesperado basta para que rexurdan os mecanismos neuróticos do pasado traumático, e con eles, a constatación da inseguridade total respecto dos seus recursos para manter en pé unha vida xa carente de sentido. |
|