O fío da escritura
|
: 00402 : 978-84-92792-52-8 : O fío da escritura : : : A pegada cultural dos Gaite en Galicia : 12,00 € : 266pp 13x20 os Gaite realizaron durante o século XIX un labor docente, xornalístico, administrativo e cultural en xeral moi significativo en Galicia e absolutamente considerable en Ourense, que nunca fora tratado en conxunto. Mais tamén, tendo en conta que, como se di no libro, a familia é a “paisaxe psicolóxica que nos acompaña sempre”, estes antepasados galaicos de Carmen Martín Gaite serviron así mesmo de lama e nume na olería narrativa da autora, o que lles confire un interese contextual e xenotextual moi importante para comprender aquela.
En consecuencia, David González Couso presenta, relata e documenta a xenealoxía e o labor público da familia Gaite na Galicia decimonónica, o que implica unha auténtica inmersión na historia do ensino, da imprenta, da prensa, da administración e da cultura de Ourense e, mesmo, de certos aspectos do acontecer social en Allariz e en Pontevedra. |
|