Cancioneiro de Celanova e outros cancioneiros
|
: 00373 : 978-84-92792-26-9 : Cancioneiro de Celanova e outros cancioneiros : : : -- : 16,00 € : O cancioneiro, como acontece co refraneiro e outros xéneros, é, nunha ordenación temática como a que se ofrece aquí, un reflexo da realidade sociocultural da comunidade á que pertence. Algo que explica o seu interese predominante polos vicios e virtudes que caracterizan ao home e á muller, aos casados e aos solteiros, aos parentes, aos vellos e ás vellas, aos oficios e profesións, aos curas…, e á propia comunidade, como a fachenda, a murmuración, os consellos, as cuestión sociais, relixiosas e políticas, e as relación con outros lugares da súa bisbarra ou de fóra dela. O amor –declaración, piropos, reproches, dúbidas, desengaños, condicións, despedidas, debates e desafíos, rechazos, burlas e picardías…– é, sen dúbida, o seu tema preferido.
|
|