A presenza do apóstolo Santiago en Compostela
|
: 00688 : 978-84-121731-6-1 : A presenza do apóstolo Santiago en Compostela : : : 171 páx. 130x210mm : 15,00 € : Por primeira vez, tras un estudo preliminar, reúnense integramente, nunha mesma obra, os argumentos do abade francés Duchesne e do cóengo santiagués López Ferreiro sobre a presenza do apóstolo Santiago o Maior en Compostela. Os seus traballos editáronse respectivamente en francés no 1900 na Tolosa de Francia (Saint Jacques en Galice) e en castelán no 1901-1902 en Santiago de Compostela("Santiago y la crítica moderna"). No caso de López Ferreiro, publicouse por partes nos catro primeiros números da revista bimestral Galicia histórica. En definitiva, a tradución completa destes dous traballos en lingua galega, nunha soa obra, con tódolos argumentos histórico-críticos do abade Duchesne, profesor de historia da Igrexa, e do cóengo López Ferreiro, destacábel historiador de Galiza con respecto á presenza do Apóstolo en Compostela, é, sen dúbida, de extraordinaria importancia para a nosa historiografía e agardada con degoiro, dende hai 120 anos, por eruditos, historiadores, e curiosos do noso pasado... |
|