O mosteiro feminino de San Miguel de Boveda na Idade Media
|
: 00073 : 84-96259-60-9 : O mosteiro feminino de San Miguel de Boveda na Idade Media : : : -- : 13,00 € : 248 páx.(150x210 mm.) O mosteiro de San Miguel de Bóveda é fundado a mediados do século XII por un matrimonio aristocrático co obxectivo de que nel se albergue unha comunidade bieita feminina. A partir dese intre, a escasa pero rica documentación que o mosteiro xenera ata a súa anexión por parte de San Clodio a finais do século XV, amósalle ao lector aspectos da historia medieval galega que noutras documentacións monacais apenas se adiviñan. A división administrativa do mosteiro en dúas mesas, abacial e conventual, a presencia dos patronos na documentación do século XV ou a existencia dunha serie de vasalos totalmente dependentes do mosteiro, son exemplos que ilustran esta riqueza documental. O xurado do Premio de Historia Medieval de Galicia 2004 recomendou a publicación deste traballo. |
|