Nas terras vermellas do Brasil
|
: 00730 : 978-84-124910-6-7 : Nas terras vermellas do Brasil : : : 296 páx. 130x200mm : 19,00 € : Esta viaxe ao Brasil comezou moitos anos atrás, cando de neno acubillaran no meu caletre tres misterios. Tres enigmas que viñan alén do inmenso océano. O primeiro chamábase Pao de Açúcar, o esvelto miradoiro empoleirado coma unha estatua xigante na baía do Río de Xaneiro. O segundo era que un país tan grande fdose bautizado co nome dunha árbore cativa, o pau brasil, tal como coñecían os indios tupís unha planta que pola calidade da súa madeira e a resina vermella se empregara para tinxir teas e fabricar mobles delicados. O terceiro misterio xurdira cando ouvín na miña infancia a verba pernambuco, que significa "buraco no mar", asociada a un lugar remoto e descoñecido. |
|