Escribir na multitude
|
: 00495 : 978-84-942224-8-1 : Escribir na multitude : : : 15,0.23,5 : 19,00 € : A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos (1935-92) acadou nos últimos anos recoñecemento unánime e considerábel atención crítica, fenómenos que atoparon a súa culminación cando en 2003 se lle dedicou o Días das Letras Galegas. A pesar desta canonización aparente, Escribir na multitude: a obra literaria de Antón Avilés de Taramancos constitúe a primeira monografía en ofrecer unha análise detallada e rigorosa da totalidade das claves esenciais da súa obra, ata o de agora só estudada de xeito parcial. Tras fixar de vez os parámetros cronolóxicos correspondentes ás súas distintas etapas creativas e os trazos estilísticos fundamentais da súa produción, este libro examina aspectos como a dimentsión metapoética da obra de Avilés de Taramancos. as fecundas relacións intertextuais e interdiscursivas que estabelece coa poesía doutros autores e tradicións, e as confluencias existentes entres o seu discurso literario e os alicerces da súa definición identitaria. |
|