A presenza de Castelao en Euskadi
|
: 00705 : 978-84-123409-7-6 : A presenza de Castelao en Euskadi : : : 303 páx. 150x210mm : 17,00 € : A presenza de Castelao en Euskadi revela como unha figura carismática e creativa, irredutible na súa perspectiva política e ética, se converteu nun lider de referencia para os nacionalistas vascos. Dende o seu paso por Euskadi para viaxar por Europa, na primeira estadía en 1932, até o último paso, en 1993, para honrar a Árbore de Gernika, símbolo das liberdades vascas, Castelao sentiu unha fonda e sincera querenza por Euskal Herria. Esa nación correspondeulle de maneira admirada e diversa. As obras do rianxeiro serían asemade traducidas ao éuscaro, contexto intelectual no que atoparián unha fértil recepción. No exilio bonaerense, entre os anos 1940 e 1950, a súa habitual e conxunta participación, nas efemérides vascas, galegas e catalás, con parlamentos suscitaba fervorosas adhesións e foron amplamente recordados. Estamos ante un libro cheo de erudición que pola súa detallada información histórica será moi interesante para quen queira coñecer un pouco máis o noso pasado, a través dunha das figuras senlleiras da historia galega recente. |
|