Ollos da memoria. Conversas no Monxoi con Isaac Díaz Pardo
|
: 00360 : 978-84-92792-22-1 : Ollos da memoria. Conversas no Monxoi con Isaac Díaz Pardo : : : Limiar de Tucho Calvo. Inclúe DVD : 15,00 € : 196 páx. 21x21 cm Inclúe DVD Limiar de Tucho Calvo
A obra inclúe un DVD no que se indaga na "ollada crítica" dun dos homes máis "escorregadizos entre as grandes figuras do século XX galego", como salienta o escritor Tucho Calvo no limiar do libro. "A conversa deriva por momentos nunha maxistral clase de historia, pero Isaac non é só intelectualidade; hai nel un grandísimo espazo para o afectivo: amor pola Xustiza e a Liberdade, así con maiúsculas; amor polos seus, amor polas súas empresas, e, por suposto, amor por Galicia", apunta Montse Nieto. A xornalista repasa con Díaz Pardo as súas lembranzas máis persoais sobre a guerra civil, a pegada que deixaron nel amigos como Castelao, Dieste, Lorenzo Varela ou Seoane ("eran xente moi íntegra, moi sabia, e cun compromiso moral excepcional", asegura). |
|