Róman Martínez Montaos, un facendista gelego do século XIX
|
: 00158 : 84-96673-05-7 : Róman Martínez Montaos, un facendista gelego do século XIX : López C., Fernado / González P. ,Clodio : : -- : 11,00 € : 118 páx. (150x235 mm) Dous son os propósitos que pretenden os autores deste libro. O primeiro, rescatar do esquecemento a un experto nas finanzas, cuxas concepcións políticas e económicas conforman a mellor expresión do liberalismo de signo progresista da primeira metade do século XIX. Román Martínez Montaos participa cos seus escritos, de forma decisiva, na loita entre a emerxente Facenda liberal e a agonizante Facenda absolutista, e na dilatada secuencia de intentos e fracasos de reforma tributaria que se suceden no periodo 1808-1845 e que culminan coa implantación dos principios liberais da traibutación. O segundo, recuperar para a historia de Galiza a un ilustre personaxe, cuxa biografía non figura en ningunha das enciclopedias e estudos sobre economistas galegos publicados até a data; até agora o coñecemento da súa vida limítabase case exclusivamente a que foi deputado pola provincia de Pontevedra na lexislatura de 1841-1842. Por primeira vez demóstrase que é galego, natural da vila de Porto do Son (A Coruña), e que faleceu en Vigo no ano 1856. |
|