As sombras de Perseo
As sombras de Perseo
Autor: Casas Rigall, Xoán
--
11,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
|
Código: 00352 ISBN : 978-84-92792-07-8 Nome do producto: As sombras de Perseo Autor: Casas Rigall, Xoán Lingua: Galego Descripción: -- Prezo (PVP) €: 11,00 € ive enga. Ficha: 168 páx. 15x21 cm Ambientados na Compostela dos finais do século XIX, As sombras de Perseo recolle seis casos detectivescos do profesor Mazaira, universitario digno e tristeiro, coma tantos outros. Os seus principais modelos están na narrativa anglosaxona clásica: Poe, Conan Doyle, Chesterton e os seus herdeiros, pais dalgúns dos máis célebres personaxes da literatura popular. En especial, as historias de As sombras de Perseo entretecen o vello nó do bibliomystery, o enigma verbo dun libro, subxénero con precedentes decimonónicos. A obra participa, así mesmo, de elementos da narrativa histórica, en todo caso pinceladas sobre a ficción dominante. E incluso nas historias máis escuras agroman adoito notas humorísticas de raíz agridoce, cando adiviñamos a Mazaira ou Dopindo, dunha parte, fronte ós eternos Aranzadis e Llamazares, aínda camiñando canda nós. |
|