Un inverno frío
Un inverno frío
Autor: Losada, X. Ricardo
130x200mm.126 Páx.
14,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00784 ISBN : 978-84-128122-9-9 Nome do producto: Un inverno frío Autor: Losada, X. Ricardo Lingua: Galego Descripción: 130x200mm.126 Páx. Prezo (PVP) €: 14,00 € ive enga. Ficha:
Don Faustino, un crego alternativo e humanista, morre en estrañas circunstancias na parroquia conservadora da Balvanera nun contexto de forte represión política nunha ditadura militar. A comunidade galega en Bos Aires, tanto a emigrante como a exiliada, queda conmocionada. Sobre todo cando, despois das primeiras dúbidas sobre se foi un accidente ou un suicidio, comeza a impoñerse a evidencia de que foi asasinado polas súas ideas políticas. Castelao e Virxinia, que tiñan unha recente pero intensa relación con el, dubidando da versión oficial dun accidente, deciden investigar pola súa conta, con valentía pero coa prudencia que esixe o seu rol de exiliados aos que lles permitiron entrar no país a condición de que pasasen desapercibidos. Xóganse a súa expulsión do país ou, incluso, a súa propia vida. |
|