As deusas do Calvario
|
: 00375 : 978-84-92792-29-0 : As deusas do Calvario : : : -- : 15,00 € : “... correu na procura dun refuxio inexistente e saíu á rúa co que levaba posto, en camisón, fuxindo sen rumbo escadas abaixo, con el alancando detrás dela. Antonia empuxou a porta da rúa e cruzou na procura do acubillo dunha tenda, dun lugar onde alguén a socorrese, onde a amparasen da tunda que presentía, e cruzou a rúa, e sentiu, oíu por unha vez na súa vida, un bucinazo e unha freada e un golpe, oíuno coma quen oe unha porta batida polo vento, e viuse polo ar, sen sentir as pernas, e viu a rúa chea de xente aló abaixo dando voltas coas voltas da súa cabeza, e viu como o chan se erguía para acollela, e sentiu un derradeiro golpe, e ficou todo en silencio, e notou un regueiriño de sangue por dentro do corpo, e nubráronselle os ollos sobre o cantil da beirarrúa, e deixou de sufrir.”
|
|