Este libro, Patria de Maeloc, é unha colectánea de poemas e contos: Patria de Maeloc é unha escolma de poemas; A historia da Quisca é a vida da última cadela que tiven; As aventuras de Thanos e Mac son un conto imaxinado sobre dous cans que tamén existen e son reais, e Os contos de Guedellas son unha miscelánea de contos de cans, lembrándonos aos cans Cipión e Berganza de El coloquio de los perros (1609) de Miguel de Cervantes. A miña idea en calquera cousa que escribo é defender a miña lingua, aquela que me ensinaron miña nai e miña avoa, naquel mundo de labregos no que me criei e que hoxe está practicamente desaparecido. Que a nosa lingua sexa sempre o noso orgullo! Que a nosa fala sexa sempre a nosa bandeira! Luciano Ares do Monfadal