intres
intres
Autor: Fabeiro Gómez, Manuel
esenciais no seu decurso vital
12,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
Código: 00471 ISBN : 978-84-15400-94-3 Nome do producto: intres Autor: Fabeiro Gómez, Manuel Lingua: Galego Descripción: esenciais no seu decurso vital Prezo (PVP) €: 12,00 € ive enga. Ficha:
Pax: Manuel Fabeiro Gómez (1916-1992) fixo das vilas de Muros e Noia dous motivos recorrentes do seu quefacer intelectual e as dúas formaron parte de estudos e traballos históricos, heráldicos, filatélicos, xornalísticos... e tamén poéticos, un universo no que a patria de nacenza e a de acollemento agroman como marcas senlleiras e indelebles, ceceladas no brasón da súa vida. Boa parte da obra do escritor está espallada por numerosas publicacións periódicas e xornais, de dentro e fóra de Galiza, e configura un importante corpus literario e ensaístico que debemos rescatar. Entre o material que cómpre irmos recuperando ve a luz INTRES, poemario en galego, inédito no seu conxunto, que o autor organizou coma un libro por volta da década dos 40 do século pasado e que ficou acubillado e en silencio deica agora. O libro súmase a outros dous moi significativos de Manuel Fabeiro, Follas de un arbre senlleiro (1951) e Quechemare da saudade (2010), nos que afloran os trazos poéticos esenciais, os motivos recorrentes e a cerna íntima do muradán.
|
|