237pp
15x21
A cultura segue a estar viva mentres haxa persoas que a lembren e
participen dela, coma unha casa con fume indica que dentro habita ben ou
mal, por moito ou pouco tempo, algunha persoa. Mais cando as paredes
rechan e o tellado afunde, xa ninguén vive alí. No entanto o seu
espírito aínda perdura por algún tempo máis. Mentres haxa unhas pedras
colocadas a xeito de parede, unhas pequenas ruínas que testemuñan que
alí houbo algo, por cativo que fose, aínda é posible establecerse
novamente. Este libro é iso, retallos de aquí e de acolá coma as
efémeras imaxes dun soño no cal estamos nun lugar ou noutro. Así é o
mundo dos soños, de súpeto as cousas van e veñen, trócanse noutras, todo
xira vertixinosamente, facemos viaxes inesquecibles, vivimos o que non
coñecemos e facemos o que non podemos cando estamos espertos.