Obras Teatrais completas(2017-2023)
Obras Teatrais completas(2017-2023)
Autor: Coello Rodríguez, Amantia
130x200mm. 241 páx
18,00 €
Precios con I.V.A. incluido.
|
Código: 00787 ISBN: 978-84-128122-6-8 Nombre del producto: Obras Teatrais completas(2017-2023) Autor: Coello Rodríguez, Amantia Idioma: Gallego Descripción: 130x200mm. 241 páx Precio (PVP) €: 18,00 € iva incl. Ficha: As seis pezas reunidas neste libro son froito de diversos proxectos realizados por Amantia Coello cos grupos que traballou, nos últimos anos, e se ben foron creados coa xuventude, non teñen idade. Cada obra lévanos a unha atmosfera única, na que se propoñen temáticas que conectan a nosa realidade coa fantasía, os dereitos humanos, a memoria, a perspectiva de xénero, o pensamento crítico, o humor, a creatividade..., mesturando o plano artístico co educativo, para regalía de quen queira construír a través do teatro. Unha viaxe dos distópicos escenarios de Reset dominados polas tecnoloxías nunha civilización feita anacos, aos mundos mitolóxicos da tradición galega abrazados en Lendatarias ou a unha nova achega aos clásicos mitos gregos de Rapsodia de Elas, pasando a revirar contos en Unha de Contos Descontados, para acto seguido achegarnos a catro grandes autoras galegas en Escolma para 4, e chegando ao atrevido Enclave D.X., descubrindo outras perspectivas xogando a cambiar os por as. |
|