40 INVERNOS
![](Images/espacio.gif)
![](Images/espacio.gif)
|
00786
978-84-128122-0-6
40 INVERNOS
210x295mm. páx: 121
20,00 €
A maioría dos bos artistas acaban citados en manuais de Historia da Arte, pero hai artistas que polas vicisitudes da súa propia vida están destinados a desaparecer da memoria de quen os sucede. Sería este o caso de Man, o Alemán de Camelle, falecido a consecuencia do desastre do Prestige, se non fora porque o destino confabulou para que Anxo Romar, o autor da novela gráfica que agora tes entre as mans, nacera en Camelle, un pequeno porto pesqueiro onde Man, o noso artista alemán, decidiu forxar o seu destino. Porque Anxo decidiu non esquecelo. Por iso a obra que aquí se che ofrece non só é un repaso visual pola vida, polo pensamento e pola arte deste home tan singular, senón tamén, e sobre todo, unha homenaxe ao artista e un intento de que o seu legado permaneza para sempre entre nós |
|
![]() |